Kosmos 275 (Космос 275 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 5, foi un satélite artificial soviético lanzado o 28 de marzo de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Kosmos 275 foi o quinto membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi lanzado por un foguete Kosmos 2I e inxectado nunha órbita inicial de 805 km de apoxeo e 284 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71,0 graos e un período de 95,2 minutos.
Kosmos 275 reentrou na atmosfera o 7 de febreiro de 1970.
Notas
Véxase tamén Outros artigos DS-P1-I
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-I