Age of Mythology: The Titans é a continuación do xogo Age of Mythology. É un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios e estreado o 30 de setembro de 2003.

The Titans engado unha cuarta cultura ó xogo, a dos atlantes, tres novos deuses maiores, novas unidades, edificios e poderes divinos. Outra novidade é que a Atlántida dispón dos oráculos, unidades que en movemento teñen un campo de visión reducido pero cando fican quedos aumenta moito.

A maioría das unidades atlantes pódense transformar en heroes. Se unha unidade é transforma en heroe, esta acada unha importante bonificación de ataque contra unidades míticas.

Campaña A campaña é a continuación da campaña de Age of Mythology, na que o fillo de Arkantos é enganado e comeza a ceibar ós titáns pechados no Tártaro dende a guerra entre os deuses Olímpicos e os Titáns. Ó cabo dun pouco, Arkantos aparece en escena e informa ó seu fillo do grande erro que está a cometer. A partir dese intre, Cástor loitará contra os titáns menores e invocará a Xea para que loite contra Cronos cando este escape do outro mundo.

Personaxes Cástor: é o fillo de Arkantos (agora un semideus), enganado por Cronos para que o libere. Críos: é un teócrata da Atlántida, ó principio da campaña é asasinado por un servo de Cronos e este adopta a súa forma para preparar o engano. Ajax: heroe grego que sempre estaba a carón de Arkantos. Amanra: heroína exipcia que loita contra os titáns.

Notas

Categoría:Age of Empires Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Expansións de videoxogos