miniatura|Imaxe histopatolóxica obtida nunha autopsia nun caso de pneumonía por aspiración nun paciente vello cunha enfermidade neurolóxica debilitante. Obsérvase a reacción de células xigantes do corpo estraño. Tinguidura de hematoxilina-eosina. miniatura|dereita|Reacción de célula xigante do corpo estraño a unha sutrura. Tinguidura de hematoxilina-eosina. Unha célula xigante do corpo estraño é unha célula de gran tamaño formada pola fusión de macrófagos, que se xeran en resposta á presenza no tecido dun corpo estraño grande (estela de madeira, fragmento metálico etc.). Son particularmente evidentes nos implantes que causan inflamación crónica e unha resposta ao corpo estraño.MeshName - Foreign+Body+Giant+Cell

Nas inflamacións crónicas arredor dun corpo estraño grande, que non pode ser fagocitado, os macrófagos agrúpanse apertándose mutuamente e adquirindo formas poligonais (nese estado reciben o nome de células epitelioides), e fusiónanse formando masas multinucleadas, que son as células xigantes do corpo estraño. En cultivos celulares de macrófagos puros mantidos durante moito tempo pode observarse tamén a reacción de formación de células xigantes na parede de vidro do recipiente de cultivo; neste caso a parede do frasco actuaría como corpo estraño D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 155. ISBN 84-7605-361-4 .

As células son multinucleadas e os núcleos están dispostos dunha maneira desorganizada. Isto contrasta co que se observa noutras células xigantes como as de Langhans, nas que os núcleos se dispoñen nas beiras da célula.

Notas

Véxase tamén Célula xigante de Langhans Célula xigante de Touton

Categoría:Histoloxía