Robert Neelly Bellah, nado en Altus o 23 de febreiro de 1927 e finado en Oakland o 30 de xullo de 2013, foi un sociólogo estadounidense, profesor emérito da Universidade de California, Berkeley e coñecido polo seu traballo sobre a "relixión civil americana", termo que empregou por primeira vez nun artigo de 1967. From the issue entitled Religion in America. A súa magnum opus, Religion In Human Evolution, traza as orixes biolóxicas e culturais da relixión e a súa evolución. Na súa obra ofrece procesos innovadores para reconciliar as sociedades relixiosas tradicionais co cambio social Encyclopaedia Britannica.
Traxectoria
Estudou na Universidade Harvard doutorándose en 1955. Foi discípulo de Talcott Parsons, durante os seus anos de estudante foi militante do Partido Comunista dos Estados Unidos. Deu clases en Harvard entre 1957 e 1967, ano no que pasou a Berkeley como profesor de socioloxía, presidindo o Centro de Estudos Xaponeses e Coreanos (1968-1974) e o departamento de socioloxía (1979-1985).
Obras
Tokugawa Religion: The Values of Pre-Industrial Japan (1957) Religion and Progress in Modern Asia (1965) Beyond Belief: Essays on Religion in a Post-Traditional World (1970) Emile Durkheim on Morality and Society (1973) The Broken Covenant: American Civil Religion in Time of Trial (1975) The New Religious Consciousness (1976) Varieties of Civil Religion (1980) Habits of the Heart: Individualism and Commitment in American Life (1985) Uncivil Religion: Interreligious Hostility in America (1987) The Good Society (1991) Imagining Japan: The Japanese Tradition and its Modern Interpretation (2003) The Robert Bellah Reader (2006) Religion in Human Evolution: From the Paleolithic to the Axial Age (2011)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Entrevista na PBS Web oficial Artigo bibliográfico en UC Berkeley News The Immanent Frame, blog con artigos de Bellah
Categoría:Sociólogos da relixión Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2013