Manuel Martínez Sueiro, nado en Cadós (Bande) o 21 de maio de 1873 e finado en Salamanca o 2 de outubro de 1920, foi un xurista e escritor galego.
Traxectoria Estudou no seminario de Ourense e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1895). Traballou como avogado en Ourense e exerceu de xuíz municipal ata que gañou as oposicións a xudicatura. Foi xuíz de Instrución en Riaño, Gandesa, Corcubión, O Carballiño e Monforte de Lemos. Logo foi fiscal da Audiencia en Ourense e Salamanca.
Alternou a súa profesión co xornalismo e a investigación histórica e arqueolóxica. Colaborou no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense con artigos como “Vocablos gallegos del dialecto salmantino” e “El Autor del Pórtico del Paraíso” e no Boletín del Círculo Católico de Obreros de Orense. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras Estudios sociales. Memoria sobre los medios más prácticos y eficaces de mejorar la aptitud técnica y la condición moral y material del obrero en Galicia, 1901. La Cuestión agraria en Galicia. Redención de foros y subforos: una solución equitativa, 1912. Fueros municipales de Orense, 1912.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Bande Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega