Manuel Rodríguez Saa, coñecido como Dr. Saa e Conde de Waldemar, nado en Bagude (Portomarín) en 1885 e finado no mesmo concello o 5 de novembro de 1984, foi un ilusionista galego. Traxectoria Emigrou a Madrid, onde malviviu como camareiro. Trasladouse a París e aprendeu os seus trucos nos clubs e cabarés de Montparnasse. Marchou a Buenos Aires e debutou nun casino de Maipú, (Mendoza). Alí comezou a súa carreira de éxito, primeiro en Europa, durante a guerra, e a partir da súa actuación na Habana en 1921, por todo o continente americano. Regresou a Galicia e o 15 de xaneiro de 1925 conseguiu debutar en España, no Teatro Novedades de Barcelona. Foi contratado por Primo de Rivera para entreter ás tropas que combatían en Marrocos.

Instalouse en Manila onde viviu comodamente logo do seu matrimonio coa aristócrata Teodora Salgado ata 1944. Ao morrer a esposa, os herdeiros obrigárono a fuxir. A finais dos anos sesenta decidiu volver a Galicia.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

O Houdini de Portomarín

Categoría:Nados en Portomarín Categoría:Personalidades da maxia Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes