Moncef Marzouki, cuxo nome completo é Moncef ben Mohamed Bedoui-Marzouki Biografía na web persoal de Moncef Marzouki , nado en Grombalia o 7 de xullo de 1945, é un político, escritor e médico tunisiano, presidente de Tunisia desde o 13 de decembro de 2011, tras ser elixido o día anterior pola Asemblea Constituínte, e até ese momento presidente do partido Congrès pour la République (CPR) dende a súa fundación no 2001.
Traxectoria Cursou os seus estudos secundarios no Colexio Sadiki entre 1957 e 1961. Durante a independencia do país, os vaivéns da política enviaron á súa familia ao exilio en Tánxer, onde o seu pai, que era partidario de Salah Ben Youssef, inimigo declarado de Habib Burguiba, refuxiouse. Foi en Tánxer onde rematou os seus estudos secundarios.
Gañador do premio xeral de Bacharelato do ano 1963 desde o Liceo Francés de Tanger, Currículo profesional recibiu unha bolsa universitaria para proseguir os seus estudos en Francia, Camille le Tallec, Moncef Marzouki, l'indocile, La Libre Belgique, 13 decembro 2011 onde se gradúa en medicina pola Universidade de Estrasburgo en 1973, especializándose en medicina interna, neuroloxía e saúde pública. De 1981 a 2000 exerceu como profesor de medicina comunitaria na Universidade de Sousse de Tunes.
Ao seu regreso a Tunisia no 1979, comezou o seu compromiso en favor dos dereitos humanos a partir de 1980, ao entrar na Liga tunisiana dos dereitos humanos. É elixido en 1985 durante o terceiro congreso membro do seu comité directivo e máis tarde, en 1987, como vicepresidente de formación pública e formación de militantes. No 1989 é elixido por unanimidade como presidente da liga.
Con todo, o 14 de xuño de 1992, a organización disolveuse debido á súa oposición a unha nova lei de asociacións. Marzouki crea entón, en 1993, o Conseil national pour les libertés en Tunisie (Consello nacional para as liberdades en Tunisia), que é declarada ilegal. A liga é novamente legalizada en marzo de 1993, pero debido a distintas presións, Marzouki anuncia despois do congreso de febreiro de 1994, a súa decisión de non optar a ningún cargo no seo da organización e critica os compromisos co réxime.
En novembro de 2021, Moncef Marzouki foi obxecto dunha orde de detención internacional por pór en perigo a seguridade do Estado.
Carreira política Opositor ao réxime de Ben Ali Decidiu presentar a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 1994. Con todo, non consegue reunir o número de firmas necesarias para poder participar nas mesmas e será mesmo encadeadoMichel Camau et Vincent Geisser, Habib Bourguiba. Trácea et l'héritage, éd. Karthala, Paris, 2004, p. 241 ISBN 2845865066 e retirado o seu pasaporte. Dominique Lagarde, Pluralisme à la tunisienne, L'Express, 21 outubro 1999
De 1989 a 1997 é así mesmo membro do comité director da Organización árabe dos dereitos humanos con base no Cairo e membro activo da sección tunisiana de Amnistía Internacional. É designado presidente da comisión árabe dos dereitos humanos entre 1996 e 2000, e portavoz do Conseil national pour les libertés en Tunisie (Consello nacional para as liberdades en Tunisia), posto que exerceu desde o 10 de decembro de 1998 até o 16 de febreiro de 2001.
Preside desde o 25 de xullo de 2001 o Congrès pour a République, partido que fundou e que non foi recoñecido polas autoridades tunisianas até a Revolución tunisiana. Defende o estado de dereito, as liberdades fundamentais e a igualdade de sexos, denunciando a miseria social e a desigualdade rexional. De ideas esquerdistas, iniciou en 2003 un achegamento co Partido do Renacemento, movemento que el cualifica de «conservador cunha connotación relixiosa», coa firma da Declaración de Tunisia.
O 17 de xaneiro de 2011 anunciou a súa candidatura ás presidenciais, despois de que o deposto presidente Ben Ali fuxísese.<ref> [http://www.lepoint.fr/monde/tunisie-l-opposant-moncef-marzouki-candidat-a-a-presidentielle-apres-le-depart-de-ben-ali-17-01-2011-129958_24.php Tunisie - L'opposant Moncef Marzouki candidat à la présidentielle après le départ de Ben Ali, Le Point, 17 xaneiro do 2011]</ref> Marzouki regresou do seu exilio ao día seguinte. O 8 de marzo anunciouse a legalización do seu partido. Tunisie - 31 partis politiques autorisés, Business News, 8 marzo 2011
Nas eleccións da Asemblea constituínte do 23 de outubro de 2011, primeira eleccións ceibes desde a independencia do país, o seu partido obtén o segundo posto en número de escanos, detrás do partido islamita Ennahda. Durante a campaña, reafirmou a identidade arábigo-musulmá do país, acusando os seus adversarios de ser a vella esquerda francófona, totalmente desconectada dos verdadeiros problemas do país L'ancien opposant Moncef Marzouki élu président da Tunisie, France Info, 12 decembro 2011
Presidencia da República O 22 de novembro de 2011 anúnciase a súa candidatura á presidencia, Tunisian parties choose veteran human rights activist as country's new interim president, Associated Press, 15 novembro 2011 Mischa Benoit-Lavelle, Ben Ali Critic Reportedly Offered Tunisian Presidency, Tunisia Live, 15 novembro 2011 dentro do marco do acordo tripartito entre o Partido do renacemento, o Forum démocratique pour le travail et les libertés'' (Ettakatol) e o CPR. É elixido o día 12 con 153 votos a favor, tres en contra, dúas abstencións e 44 votos en branco, sucedendo así a Fouad Mebazaa, que exercía interinamente. Toma as súas funcións ao día seguinte, despois dunha cerimonia oficial no palacio presidencial de Cartago, onde foi recibido polo presidente saínte. Hamida Ben Salah et Kaouther Larbi, «Hamida Ben Salah et Kaouther Larbi, Tunisie: Moncef Marzouki succède à Ben Ali comme président de la 1e république arabe libre, Agence France-Presse, 12 decembro 2011 Dimitiu o mesmo día da presidencia do seu partido, conforme á lei provisonal dos poderes públicos, e cedeu a presidencia do mesmo a Abderraouf Ayadi.
Publicacións Escritor bilingüe, publicou dezaseis libros en árabe e catro en francés, tratando sobre medicina comunitaria, de ética médica, dos dereitos humanos e do problema da democratización nos países árabigo-musulmáns.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal de Moncef Marzouki
Categoría:Presidentes de Tunisia Categoría:Alumnos da Universidade de Estrasburgo Categoría:Médicos de Tunisia Categoría:Nados en Tunisia