A enxeñaría de montes ou forestal é a titulación académica dunha disciplina que tivo os seus inicios en Alemaña, pretendendo cubrir a necesidade de mellorar a produtividade dos montes. Co transcurso do tempo, a profesión foise perfilando cara ao desenvolvemento e optimización do ámbito forestal: silvicultura, aproveitamento, elaboración e transformación de produtos forestais, infraestruturas específicas etc.

Actividade

A actividade dos Enxeñeiros de Montes podería resumirse nas seguintes actividades: Melloras ambientais, bens e servizos do sector forestal. Planificación, proxección, reconstrución, mantemento e mellora de infraestruturas forestais e de parques e xardíns. Prevención e extinción de incendios forestais. Proxectos e estudos hidráulicos e hidrolóxicos. Proxectos e estudos ambientais, de conservación da natureza e xestión de fauna e flora silvestre. Xestión de espazos naturais. Control e mellora da produción forestal e aproveitamento forestal. Industria derivada da madeira e de produtos forestais. Proxectos de cálculo e construción de estruturas de madeira, metálicas e de formigón, asociadas á contorna forestal e ambiental.

Categoría:Silvicultura Categoría:Disciplinas de enxeñaría