Live in Germany é un álbum en directo do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado o 22 de novembro de 2011, quince anos logo da separación do grupo.

O disco, publicado nos formatos disco de vinilo, CD e DVD, recolle unha actuación en directo do grupo na sala Gin Club Rock de Koblenz (Alemaña) en 1993."El nuevo disco de Héroes del Silencio..."

Datos e características O concerto de Koblenz celebrouse o 2 de outubro de 1993, ano en que Héroes del Silencio levaron a cabo unha extensa xira por Europa, e foi gravado polas cámaras da cadea de televisión alemá SWF3.

A xira servía como presentación a nivel continental do álbum El espíritu del vino, polo que a maioría dos temas interpretados corresponderon a este álbum. Debido á súa emisión por televisión, rapidamente converteuse nunha das gravacións piratas máis coñecidas da banda, grazas á súa calidade de son e imaxe.

A presentación do álbum correu a cargo dos membros do grupo Pedro Andreu, Juan Valdivia e Joaquín Cardiel, durante unha rolda de prensa na que se informou da súa difusión simultánea en España, Alemaña, Suíza e Austria.

Lista de cancións "Nuestros nombres" "Maldito duende" "La sirena varada" "El camino del exceso" "Hechizo" "Olvidado" "Flor de loto" "Oración" "La herida" "Entre dos tierras" "Decadencia" "Los placeres de la pobreza" "Hace tiempo" "Con nombre de guerra"

Os temas incluídos no álbum pertencen principalmente ao disco El espíritu del vino, pois pertencía á xira El camino del exceso como presentación do mesmo.

Notas

Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums de Héroes del Silencio Categoría:Álbums musicais de 2011