Luis Aragunde Aragunde, nado en Fefiñáns (Cambados) en 1971, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Traballador da Confraría de Pescadores en excedencia, foi xefe da lonxa durante oito anos. Secretario xeral de Aecipe e dende 2008 vicepresidente do Grupo de Acción Costeira (GAC). É concelleiro en Cambados polo PPdeG dendo 2000, trala dimisión de Santiago Tirado Serén como edil, e foi tenente dende 2003. En marzo de 2009, trala renuncia de José Manuel Cores Tourís, que pasou a ser delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, foi elixido alcalde pola Corporación"Tourís deja la Alcaldía de Cambados en un emotivo pleno lleno de aplausos", artigo en Faro de Vigo, 1 de maio de 2009 .. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cambados e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, trala unión do resto dos grupos que fixeron alcaldesa á socialista Fátima Abal Roma. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a lista popular, perdendo un concelleiro máis e sen recupera-la alcaldía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cambados
Ligazóns externas Artigo en Diario de Pontevedra
Categoría:Alcaldes de Cambados Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes