"Girls & Boys" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como principal sinxelo do seu terceiro álbum Parklife o día 7 de marzo de 1994. Chegou ao número 5 da lista británica de sinxelos e foi o primeiro top 5 de Blur e o seu sinxelo máis exitoso ata a chegada de "Country House", que foi número 1 no ano seguinte. O sinxelo foi visto como un regreso da banda, que tivera un período bastante frouxo en vendas durante un par de anos. A canción superou en tres postos na lista británica de sinxelos ao seu anterior pico comercial, "There's No Other Way", e fixo que o grupo acadase un grande éxito en todo o mundo. Nos Estados Unidos conseguiu o posto 59 da lista Billboard Hot 100 e o número 4 na Modern Rock. Ata a data é o sinxelo de Blur que máis alto chegou nas listas estadounidenses.

Listaxe de cancións 7" e casete "Girls & Boys" "Magpie" "People In Europe"

CD1 "Girls & Boys" "Magpie" (acreditada por un erro como "People in Europe" na contraportada) "Anniversary Waltz"

CD2 "Girls & Boys" "People In Europe" "Peter Panic"

CD estadounidense "Girls & Boys" "Girls & Boys" (Pet Shop Boys radio edit) "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 12" mix) "Magpie" "Peter Panic" "Maggie May"

Casete estadounidense "Girls & Boys" "Girls & Boys" (Pet Shop Boys radio edit) "Maggie May"

12" estadounidense "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 12" mix) "Girls & Boys" (album version) "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 7" mix)

CD europeo "Girls & Boys" "Girls & Boys" (Pet Shop Boys radio edit) "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 12" mix) "Magpie" "Anniversary Waltz"

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Blur