miniatura|dereita|O alemán Haeckel, primeiro en enunciar as bases da teoría disteleolóxica. A disteleoloxía é o punto de vista filosófico que defende que a existencia non ten causa final, é dicir, non ten un sentido último, fin ou propósito. Trátase dun termo moderno inventado e popularizado por Ernst Haeckel.

Historia e características A disteleoloxía é unha forma activa e optimista de ateísmo dende o punto de vista da ciencia. Estivo asociada nun principio con Haeckel e os seus seguidores, e hoxe en día está principalmente ligada ás formulacións teóricas de Richard Dawkins, Sam Harris ou Christopher Hitchens.

A filosofía occidental, dende Copérnico, foi avanzando de maneira progresiva cara a unha visión disteleolóxica, dun modo oposto ás perspectivas filosóficas e sobre todo relixiosas tradicionais. Por outra banda, as escolas filosóficas que rexeitan a disteleoloxía son o idealismo alemán (filosofías de Hegel e Schelling), a teoría integral e gran parte das doutrinas promulgadas polos seguidores do principio antrópico.

Tamén se chamou disteleoloxía á liña de razoamento da filosofía da relixión que se opón ao argumento teleolóxico e proclama que discordia, medo e mal no universo, suxiren a inexistencia de Deus ou forza creativa que subxaza, ou que, no caso desta existir sería un ente malevolente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Chisholm, Hugh, ed (1911). Dysteleology. Encyclopædia Britannica (Undécima edición). Cambridge University Press.

Outros artigos Existencialismo Epistemoloxía

Ligazóns externas The Case for a Creator: Dysteleology , artigo en Daylight Atheism. Analogías disteleológicas, artigo de Mario A. López.

Categoría:Ateísmo Categoría:Filosofía da relixión Categoría:Teorías metafísicas