Sokoto é un dos estados nos que se divide a República Federal de Nixeria, con capital a cidade de Sokoto.

Posúe unha superficie de 25.973 quilómetros cadrados e limita polo norte e noroeste coa República de Níxer, polo leste e sur co estado de Zamfara e polo oeste e suroeste co estado de Kebi.

Segundo o censo do ano 2007, contaba cunha poboación de 4 381 970 persoas, o que dá unha densidade demográfica de 168,7 habitantes por quilómetro cadrado.

As dúas etnias maioritarias do estado son os hausa e os fulani. No relixioso, predominan amplamente os musulmáns.

O estado foi creado en 1967 co nome de "North-Western State". Posteriormente, o seu territorio foi sufrindo numerosas modificacións a causa da creación de novos estados. Así, en 1976 cedeu territorios para a creación do estado de Níxer e en 1991 para a creación do estado de Kebbi. Finalmente, en 1996 unha porción de Sokoto foi cedida para a creación do estado de Zamfara.

O estado é eminentemente agrícola e estímase que o 90% da poboación traballa en actividades ligadas á agricultura. Os principais cultivos son: millo, arroz, cacahuete, cana de azucre e tabaco. Tamén son importantes os vexetais, destacándose o cultivo de manga, laranxa, plátanos, papaia, leituga e espinaca."NGEX. Information about Sokoto State" Ngex.com

Áreas de goberno local

Este estado subdivídese internamente nun total de 23 áreas de goberno local, a saber:

Binji Bodinga Dange-shuni Gada Goronyo Gudu Gwadabawa Illela Isa Kebbe Kware Rabah Sabon-Birni Shagari Silame Sokoto-North Sokoto-South Tambuwal Tangaza Tureta Wamako Wurno Yabo

Notas

Sokoto