Canu Heledd é unha escolma de englynion galeses de entre os séculos IX e X.

Características A que canta nos poemas é Heledd, filla de Cynddylan, rei dunha parte de Powys no século VII. Cynddylan morreu nunha batalla contra os saxóns, e a súa corte ficou baleira. E Heledd seguiuno na súa pena:

stauell gyndylan ys tywyll heno, heb dan, heb wely. wylaf wers; tawaf wedy.

A corte de Cynddylan está escura esta noite, sen lume, sen leito, vou chorar un anaco, estarei en silencio despois.

Fai mención tamén de dúas aguias, a aguia Eli e a aguia Pengwern, que se alimentaban cos corpos dos mortos:

eryr penngwern pengarn llwyt [heno] aruchel y adaf, eidic am gic a garaf.

A aguia de Penngwern, de grises poutas, agudo é o seu berro devece pola carne que amo.

Esta escolma publicouna Ifor Williams en 1935. A novelista Rhiannon Davies-Jones escribiu unha novela sobre a historia de Cynddylan, Heledd e Pengwern chamada Eryr Pengwern.

Véxase tamén

Bibliografía Ifor Williams (ed.) Canu Llywarch Hen: gyda rhagymadrodd a nodiadau (Caerdydd: Gwasg Prifysgol Cymru, 1935)

Ligazóns externas Texto de Canu Heledd, coa súa tradución ao inglés.

Categoría:Literatura en lingua galesa