A Nosa Terra é un periódico que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo,Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.
Historia Entre os promotores do proxecto de 1977 estaban Margarita Ledo, que foi a súa primeira directora, os xornalistas Xosé Ramón Pousa, Antón Galocha, Xosé López, Marita Otero, Lois Celeiro; o deseñador gráfico Pepe Barro, o fotógrafo Fernando Bellas Jiménez e o avogado José Luís Fontenla. A primeira etapa do periódico, sempre semanal, durou ata 1980, foi dirixida por Ledo e tivo a súa sede en Santiago de Compostela. Ledo foi substituída en 1980 por Xosefina López Corral. En 1981 a publicación foi condenada por ataques á Constitución e estivo clausurada durante tres meses. Daquela a redacción trasládase a Vigo e reabre co director en funcións, Afonso Eiré, que sería director formal do semanario a partir de 1983Un consello de administración plural A Nosa Terra, 3/12/2007.. miniatura|A Nosa Terra Diario foi a edición dixital. Ao longo dos seus anos recolleu artigos dos mellores e máis destacados xornalistas e escritores galegos (Manuel Rivas, María Xosé Queizán, Carlos Casares, Xosé Antón Gaciño, Xesús González Gómez etcétera) e dos máis destacados humoristas gráficos, como Xaquín Marín ou O Carrabouxo.
O periódico funcionou principalmente como semanario, aínda que en diversos períodos viuse obrigado a saír quincenalmente, facendo en total 33 anos. En decembro de 2007 o periódico realizou unha importante reforma deseñística e de contidos:Manuel Veiga dirixirá a nova A Nosa Terra A Nosa Terra, 3/12/2007. Eiré, o daquela director, ascendía a conselleiro delegado, e as tarefas de dirección xornalística recaían en Manuel Veiga. Asemade, publicábase unha edición electrónica coordinada por César Lorenzo. Os problemas económicos, endémicos durante toda a vida desta cabeceira, comezaron a sucederseObelleiro, Paola: 'A Nosa Terra' se vuelve virtual El País, 1/9/2010. ata que en agosto de 2010 a empresa editora, Promocións Culturais Galegas SA anunciou a suspensión de pagamentos e o peche do semanario en papel. A partir dese momento, continuou actualizándose a edición electrónica, que pechou temporalmente os seus contidos o 23 de setembro de 2011.Cento catro anos despois, un novo até logo, A Nosa Terra, 23/9/2011. Retomou a edición electrónica en 2018.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas galegas Ligazóns externas A Nosa Terra na hemeroteca do Consello da Cultura Galega. Páxina web
Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:Medallas Castelao Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Prensa nacionalista galega