Francois Pienaar, nado o 2 de xaneiro de 1967 en Vereeniging (Suráfrica), é un xogador de rugby retirado, que xogaba na posición de 3ª liña. En 1995 acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby como capitán da Selección de rugby de Suráfrica. En 2005 foi incluído no International Rugby Hall of Fame. Traxectoria Entre 1989 e 1996 defendeu as cores de Transvaal na Currie Cup, acadando os campionatos de 1993 e 1994. En 1996 deixou Suráfrica e marchou a xogar á Premiership inglesa no equipo dos Saracens, conxunto co cal xogou ata o ano 2000, acadando un título na Tetley's Bitter Cup en 1998, ano no que tamén foi subcampión da Premiership.
Como xogador internacional, debutou en 1993 cos Springboks, e xogou o seu último encontro en 1996. Disputou 29 encontros coa súa selección, todos eles como capitán, sendo memorable a súa participación no Mundial de 1995. Na final recibiu o trofeo Webb Ellis de mans de Nelson Mandela, nun simbólico acto que representaba a unidade nacional entre brancos e negros na Suráfrica post Apartheid.
Actualmente adícase a comentar encontros de rugby nas retransmisións da canle deportiva inglesa ITV Sport. EquiposTempadasTítulosTransvaal 1989 - 1995 2 Currie Cup (1993, 1994)Saracens 1996 - 2000 1 Tetley's Bitter Cup (1998)Springboks 1993 - 19961 Mundial (1995) Véxase tamén Outros artigos Selección de rugby de Suráfrica Golden Lions Saracens F.C. Copa do Mundo de Rugby 1995 Invictus Ligazóns externas Francois Piennar en SARugby.co.za Francois Pienaar en Sporting-Heroes.net
Categoría:Xogadores de rugby de Suráfrica