O grupo Atahíde era un grupo de música tradicional galega que desenvolveu o seu traballo durante a segunda metade da década dos noventa do pasado século. Son orixinarios de Pontedeume.

Compoñentes Tres dos seus membros viñan do grupo Iriadona, que había pouco tempo cesara as súas actividades. Eles son: Xosé Dobarro: Gaita, frauta traveseira. Nando Vila: Whistles, percusión. Manu Moares: Mandola.

Uníronselles: Sabela García: Violín, pandeireta. Emilio Mesías: Teclados, acordeón. Ana Leira: Voz, violonchelo, pandeireta (compoñente tamén de Faltriqueira).

Traballos En xaneiro de 1998 gravaron unha maqueta nos estudos de Víctor Gacio en Serantes, Ferrol, cun total de cinco cancións: Danzares-muiñeira do Centolo (Emilio Mesías) O xastre (tradicional) Jota de Pontevedra (tradicional) O xustillo (tradicional) Agarimosilla (Antonio Leira)

En xullo dese mesmo ano, participan nun CD dobre chamado Musiceum onde participaron a práctica totalidade dos músicos eumeses do momento, e de tódolos estilos. As dúas cancións elixidas para este CD son Jota de Pontevedra e O xustilloLa Voz de Galicia, 5 de xullo de 1998.

A disolución do grupo coincide coa chegada do novo século.

Notas

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos galegos de música tradicional