Rise of the Planet of the Apes é un filme de ficción científica estadounidense dirixido por Rupert Wyatt que se estreou no 2011.
Sinopse Will Rodman (James Franco) é un científico que está investigando con monos para obter un tratamento contra o alzheimer, unha enfermidade que afecta ó seu pai (John Lithgow). Un terrible incidente cunha das chimpancés provoca o atraso para tentar probalo tratamento en humanos, e tamén o sacrificio de tódolos primates. Pero a cría desa chimpancé ó que chaman César (Andy Serkis), herda no seus xenes as cualidades que a súa nai recibiu co tratamento. Ademais experimenta unha evolución na súa intelixencia tan notable que será acollido polo protagonista no seu fogar. Por outra banda, o doutor Rodman recibirá a axuda dunha fermosa veterinaria chamada Caroline (Freida Pinto).
Personaxes James Franco como Will Rodman Andy Serkis como César John Lithgow como Charles Rodman Freida Pinto como Caroline Aranha Tom Felton como Dodge Landon David Oyelowo como Steven Jacobs Brian Cox como John Landon Tyler Labine como Robert Franklin David Hewlett como Hunsiker Jamie Harris como Rodney Richard Ridings como Buck Christopher Gordon como Koba Karin Konoval como Maurice Terry Notary como Rocket / Ollos claros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Filmes sobre alzhéimer Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais