Dosrius é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Maresme e está situado na zona interior da mesma.

Xeografía 250px|miniatura|esquerda|Vista de Dosrius Está situado no interior, no límite comarcal co Vallès Oriental, na cabeceira da riera de Argentona. Ten un relevo accidentado ao estar na Cordilleira Litoral (serra do Corredor). A vexetación predominante son piñeiros e aciñeiras.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006 872894 921 7677332.8464.469

Economía A economía do municipio fundaméntase nunha industria moi diversificada pero escasa e na actividade turística. No termo municipal abundan os chalés de segunda residencia, propiedade de habitantes de Barcelona e Mataró. Unha estrada comunica con Llinars del Vallès e con Argentona e Mataró.

Dentro do termo municipal atopamos o pobo de Canyamars, situado nun val entre as serras do Corredor e de Montalt. Predominan as vivendas de segunda residencia.

Lugares de interese 250px|miniatura|Concello Castelo de Dosrius Ermida de Sant Llop (s.XVI) Igrexa de Sant Andreu el Far (s.XVII) Igrexa de Sant Esteve de Canyamars, gótica (s.X) Igrexa de Sant Iscle e Santa Victòria (s.XVI), de estilo gótico e campanario de torre cuadrada. Pozo de Glaç. Santuario do Corredor (s.XVI) Torre das Aigües

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya Xornal electrónico (Dosrius)

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona