A Asociación de Tradutores Galegos, coñecida tamén co acrónimo ATG, creada en 1985 e disolta en 2021, foi unha asociación galega que englobaba os tradutores que vertían textos doutras linguas á lingua galega. A súa páxina web, que permanece activa, divulga textos da literatura universal traducidos ó galego a través dunha biblioteca virtual coñecida como Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Por orde cronolóxica, ocuparon a presidencia, Xulián MaureIntervención de Xulián Maure Rivas na entrega do Premio Plácido Castro, fundacionplacidocastro.com., Xosé María Gómez ClementeEl director general del Libro califica la traducción como "la herramienta decisiva para ofrecer fuera la calidad de nuestra escritura" en la entrega de los premios 'Plácido Castro, Xunta.gal., Xavier Senín, Fernando Moreiras e, dende finais de 2020, Raúl Gómez PatoChío coa nova no perfil de Twitter da Asociación..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas ATG - Asociación de Tradutores Galegos BIVIR - Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego

Categoría:Tradución Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Vigueses distinguidos