Armando Peñamaría Álvarez, nado na Fonsagrada en 1870 e finado na mesma vila o 1 de febreiro de 1955, foi un médico e político galego.

Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como médico titular e forense da Fonsagrada ata a proclamación da Segunda República. Home de confianza de Manuel Portela Valladares, dirixiu o periódico O Tío Pepe e foi presidente do Sindicato Agrícola da Fonsagrada nos anos vinte.El Progreso, 9-6-1920, p. 1. Próximo ao Partido Republicano Progresista o 30 de decembro de 1931 foi nomeado gobernador civil de Murcia. Portela Valladares nomeouno gobernador civil de Pontevedra o 21 de decembro de 1935.Gobernadores civís durante a II República Foi elixido deputado centrista nas eleccións xerais de 1936 pola provincia de Lugo.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido sen mediar proceso, ingresando na Prisión de Lugo o 22 de setembro e encarcerado no castelo de San Filipe de Ferrol. Salvou a vida grazas a intervención do capitán do penal, antigo compañeiro de estudos. Foi procesado por coacción electoral en 1939.El Pueblo Gallego, 23-11-1939, p. 5. Finou na Fonsagrada o 1 de febreiro de 1955.El Progreso, 3-2-1955, p. 5.

Vida persoal Tío de Sergio Peñamaría de Llano. Casou na Fonsagrada con María Pasarín Neira en 1921.El Eco de Santiago, 4-5-1921, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Un ejército de arqueólogos en busca del Comandante Moreno en El País Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos da Fonsagrada Categoría:Gobernadores civís de Murcia Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes