A interrogación retórica é unha figura retórica de pensamento consistente na formulación dunha pregunta que non precisa resposta, xa que a leva implícita.

Exemplos Do poema Os Pinos (Eduardo Pondal, Queixumes dos pinos):

¿Que din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Véxase tamén Figura estilística

Categoría:Retórica e figuras da lingua