Daniel María Vázquez Campo, nado en Chantada o 20 de febreiro de 1894 e finado en Ribadavia o 14 de decembro de 1940, foi un avogado e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|Deputados galegos de 1931. Ramón Suárez Picallo, Daniel Vázquez, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Antón Villar Ponte, Poza Juncal, Otero Pedrayo e Antón Alonso Ríos. Fillo de Daniel Vázquez Bóo. Cursou o bacharelato en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid (1926). Exerceu como avogado en Chantada. Colaborador do periódico Hidalguía e director de La Voz del Agro. Foi un dos promotores da Asociación Republicana de Chantada o 9 de novembro de 1930 xunto con Antonio Noguerol Eyré e Modesto Álvarez Taboada, e o seu primeiro presidente, sendo reelixido en febreiro de 1931,El Pueblo Gallego, 26-2-1931, p. 6. e novamente en 1933. O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA. Durante a República viviu en Madrid exercendo de avogado de Radial Argentina.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. A súa muller e fillos marcharan uns días antes. Permaneceu na cidade durante toda a guerra. Cando rematou volveu a Galicia, pero preferiu non regresar a Chantada para evitar represalias. Instalouse en Ribadavia,La Región, 7-10-1939, p.2. onde tiña unha irmá e tiña previsto abrir un bufete.
Vida persoal
Casou con Modesta Cuesta Gutiérrez, de Medina de Rioseco, en 1925,La Voz de la Verdad, 25-2-1925, p. 2. e foi pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Eleccións xerais de España de 1931 Ligazóns externas Proclamación da República en Chantada Pardo, Alfredo (24/4/2022). "O espírito republicano de Vázquez Campo" El Progreso. Pardo, Alfredo (8/5/2022). "O proxecto do Estatuto galego" El Progreso.
Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1940