Peter Agre, nado o 30 de xaneiro de 1949 en Northfield, Minnesota (Estados Unidos), é un biólogo e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2003.

Traxectoria Estudou bioloxía no Augsburg College de Minneapolis, realizando un máster en 1974 na Universidade Johns Hopkins de Baltimore, onde foi profesor desde 1981. Desde 2005 é ademais vicerector da Universidade de Duke.

Investigacións científicas Interesado nas características da membrana celular, traballou no descubrimento da acuaporina, unha proteína integral que forma parte dos poros da membrana e que é permeable á auga, mediante a técnica da "canle de auga".

En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Roderick MacKinnon. Ambos os científicos foron galardoados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que Agre o foi especialmente polo descubrimento da canle de auga, e MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos das canles iónicas.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2003 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2003 Perfil de Peter Agre en NNDB

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1949