miniatura|Profesores da Universidade de Heidelberg (1886); Hermann Osthoff abaixo á esquerda. Hermann Osthoff, nado en Unna o 18 de abril de 1847 e finado en Heidelberg o 7 de maio de 1909, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.

Biografía Nado en Billmerich, suburbio de Unna, Osthoff estudou filoloxía clásica, xermánica, sánscrito e lingüística comparada en Berlín, Tubinga e Bonn, onde en 1869 conseguiu a licenciatura. A partir de 1870 ensinou en Kassel. En 1875 obtivo a docencia na Universidade de Leipzig. En 1877 convértese en profesor extraordinario de glotoloxía e de sánscrito na Universidade de Heidelberg, onde se converteu en ordinario o ano seguinte.

No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e con August Leskien, Osthoff foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle a reconstrución da vibrante indoeuropea con capacidade de asumir funcións silábicas (a líquida soante *r̥).

O seu nome aparece ligado a unha lei fonética que toma o nome do seu, (a chamada "lei de Osthoff"), relativa á abreviación que ocorre nalgunhas linguas (entre elas o latín e o grego) dunha vogal longa indoeuropea ante unha nasal ou líquida seguida de consoante.

Obras Quaestiones mythologicae, Bonn, Caroli Georgi, 1869 Forschungen im Gebiete der indogermanischen nominalen Stammbildung, Jena, Costenoble, 1875-1876, 2 vol. Das Verbum in der Nominalcomposition im Deutschen, Griechischen, Slavischen und Romanischen, Jena, H. Costenoble, 1878.

Das physiologische und psychologische Moment in der sprachlichen Formenbildung, Berlín, Carl Habel, 1879 Schriftsprache und Volksmundart. Vortrag, gehalten im Museum zu Heidelberg am 14. December 1878, Berlín: Carl Habel, 1883 Zur Geschichte des Perfects im Indogermanischen mit besonderer Rucksicht auf Griechisch und Lateinisch, Estrasburgo: K. J. Trubner, 1884 Vom Suppletivwesen der indogermanischen Sprachen. Akademische Rede zur Feier des Geburtsfestes des hochstseligen Grossherzogs Karl Friedrich am 22. November 1899 bei dem Vortrag des Jahresberichts und der Verkundung der akademischen Preise gehalten, Heidelberg: J. Horning, 1899 Etymologische Parerga, Leipzig: S. Hirzel, 1901.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Indoeuropeística Lingua protoindoeuropea Linguas indoeuropeas Lingüística comparada Escola neogramática

Ligazóns externas

Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Neogramáticos Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Nados en Alemaña