O castro de Casón é un castro situado na parroquia de Viveiro, no concello lugués de Viveiro.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado dobre situado nunha meseta. Ten un complexo sistema defensivo. O recinto principal ten forma semielíptica, cun antecastro pola súa banda suroeste. Está pechado por dúas murallas, unha recta e outra de planta quebrada, que forman unha estreita entrada.
Todo o conxunto deféndese cunha muralla de pedra seguida dun foso que a rodea polos lados norte e noroeste. A continuación hai outro foxo menor que protexe a entrada do antecastro. Paralelo ó foso atópase un parapeto polos lados norte e noroeste.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.
Categoría:Castros de Viveiro Categoría:Viveiro sen imaxes