Voz del Pueblo foi un periódico semanal editado en Santiago de Compostela entre 1913 e 1916.

Historia e características Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 4 de agosto de 1913. Dirixido por Álvaro Rey Feijóo e despois por Antonio de la Cruz Díaz ata o 9 de novembro de 1914 en que foi substituído por Ramón Rivera Torres, na súa redacción inicial estaba Manuel María González López e entre os seus colaboradores Juan Montes. De tendencia maurista independente e antilerrouxista, incluíu colaboracións literarias de poetas galegos. Cesou o 27 de xaneiro de 1916 (co número 137) refundido con Gaceta de Galicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1913 en Galicia