Lapela é un lugar situado no extremo sueste do concello ourensán da Arnoia, entre as aldeas de Meréns (Cortegada) e Remuíño, na comarca do Ribeiro.

Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 27 habitantes (15 homes e 12 mulleres), os mesmos ca en 2010.

Patrimonio Conta cunha pequena capela. Destacan un pazo do s. XVIII (dos Armada-Araújo) e un castro situado enriba da desembocadura do río Arnoia no río Miño. Este castro xa foi estudado por Florentino Cuevillas, que recolle a existencia dunha pía megalítica á que na década de 1930 se levaba unha imaxe da Virxe a facerlle rogativas.

Lugares e parroquias Lugares da Arnoia

Parroquias da Arnoia

Notas

Categoría:Lugares da Arnoia Categoría:A Arnoia poboación 2011