Chacente é un lugar da parroquia de Curtis no concello coruñés de Curtis da comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña seis habitantes (tres homes e tres mulleres).

Aquí naceu San Pedro de Mezonzo contra o 930.

Toponimia O topónimo «Chacente» provén da villa Placenti, isto é, do antropónimo do seu fundador. Foi no ano 910 cando a familia dos Placencios chegou, escapando da peste, ao que hoxe chamamos Santaia de Curtis, onde se estabeleceu.

Lugares e parroquias Lugares de Curtis

Parroquias de Curtis

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Lugares de Curtis Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía