Manuel Carlos Núñez Singala, nado en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.

Traxectoria A Terra Chá foi a súa primeira patria, onde viviu até a adolescencia. Estudou, traballou e viviu máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.

É coordinador da Comisión Técnica de linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega e membro do Comité internacional da Rede Panlatina de Terminoloxía.

Obras Dramático O achado do castro (1990) Santiago: Sotelo Blanco: 11 edicións e máis de 30000 exemplares. Reeditado en Galaxia en 2014, ISBN 978-84-9865-536-0 (9ª) Comedia bífida (2007). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-057-7 (11ª). Máis de 10000 exemplares vendidos en 2023. Planificación estratéxica (2009). Santiago: Laiovento. ISBN 84-8487-168-1. Atranco no banco (2019). Vigo: Galaxia. Costa Oeste. 108 páxs. ISBN 978-84-9151-405-3 (5ª).

Narrativa Mar de fondo (1997). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-167-6. Camiños na auga (2016). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-684-8 (7ª). Noite de temporal (2017). Oqueleo. ISBN 978-84-16834-54-9 (3ª).

Relatos

Menú de enganos (2010). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-290-1 (5ª). Instrucións para tomar café (2014). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-551-3 (6ª)

Ensaio En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificións en contra da lingua galega (2009). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-184-3 (7ª). Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüísmo na infancia e na idade adulta (2017). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-042-0.

Obras colectivas Vocabulario sobre o medio físico e o asentamento humano (1988). Universidade de Santiago. Criterios lingüísticos: cincuenta cuestións rápidas para persoas impacientes (1997). Universidade de Santiago. Documentos administrativos, modelos comentados (1997). Universidade de Santiago. O Idioma na Universidade de Santiago de Compostela (resultados dun inquérito realizado no curso 1995-1996) (1998). Universidade de Santiago. Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón. Relato. Longa lingua (2002). Xerais. Relato. Sempre mar (2003). Relato. Lingua e futuro (2010). Laiovento. Ensaio.

Premios 1987, Premio Xiria de Creación Teatral por O achado do castro. 2023: Premio dos clubs de lectura.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Web do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1963