Paulino Martínez Pereiro, nado na Coruña o 2 de novembro de 1957, é un escritor, músico e profesor galego.

Traxectoria Titulado en frauta traveseira polo Conservatorio de Santiago de Compostela, é compositor de música de cámara e sinfónica, teatral e cinematográfica e membro fundador da Asociación Galega de Compositores. Compuxo a banda sonora do filme Novo de Parmuíde (1987) de Roberto Vidal Bolaño. Exerceu a docencia no IES Fernando Esquio de Neda, e reside entre Ferrol e Vilalba.

Vida persoal

Casou con Luísa Villalta o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998.Mariño Davila (2024), pp. 14 e 18 Casado con Sofía Martínez Falero.

Obras Ensaio Iniciación á linguaxe musical, 1995, Edicións Laiovento. Poética da música teatral, 2001, Xunta de Galicia. A música teatral, 2003, Universidade da Coruña.

Narrativa Desde unha mesa de café, 1998, Laiovento (traducido ao castelán no 2004 polo propio autor na mesma editora). Calidoscopio, 1999, Baía Edicións. Sinfonía cíclica, 2004, Sotelo Blanco Edicións. Arredor de Chinto, 2005, Baía Edicións. Habitar as illas, 2005, Laiovento.

Poesía Morte do mar, 2007, Baía Edicións. Poemas de ruxido e barruzo, 2016, Alvarellos Editora.

Teatro O leitor de Goethe, 1995, Elsinor Teatro.

Traducións Branca, no desxeo das tebras, de Daniel Thibaut, 2002, Espiral Maior.

Música Caderno de melodías populares, (1978-1993) [Música impresa]: piano, 1997, Xunta de Galicia. Variacións Beiras, 1999, Viso. Cancións de aquí e acolá, 2001, Baía Edicións. Melodías paisanas para dúo de frautas de bico en dó, 2001, Baía Edicións.

Obras colectivas Entre dous, 1996, con Victoria Salgado, Baía Edicións. Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand, 1999, cotraducido con Francisco Pillado Mayor, Baía Edicións. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Premios Premio do Certame de creación literaria Carvalho Calero no 2004, por Habitar as illas. Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2004, por Sinfonía cíclica. Segundo premio do XLI Certame Literario Concello de Vilalba en 2015, por Poemas de ruxido e barruzo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Nova Dramaturxia Galega Ligazóns externas Paulino Pereiro na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1957 Categoría:Premio Carvalho Calero Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria