Donald James Cram, nado o 22 de abril de 1919 en Chester (Vermont, Estados Unidos) e finado o 17 de xuño de 2001 en Palm Desert (California), foi un químico e profesor universitario estadounidense que compartiu o Premio Nobel de Química de 1987 por "sintetizar moléculas tridimensionales que poden mimetizar o funcionamento das molécular naturais". Tamén gañou o Premio da Academia Nacional Estadounidense de Ciencias na área de ciencias químicas.

Traxectoria Cram educouse no Rollins College, Florida e na Universidade de Nebraska onde se licenciou en 1942 e recibiu o seu doutoramento en química orgánica da Universidade Harvard en 1947. Empezou a dar clase na Universidade de California en 1947 e pasou a ser profesor a tempo completo en 1956. En 1956 obtivo a cátedra de química na Universidade de Los Ángeles.

Campo de estudo Cram expandiu, baseándose no traballo de Charles J. Pedersen, o campo da síntese dos éteres de coroa, compostos bidimensionais orgánicos capaces de recoñecer e combinarse selectivamente cos ións de certos elementos metálicos. Sintetizou moléculas que transformaban a súa química en tridimensional, creando un abanico de moléculas de diferentes formas que podían interactuar selectivamente con outros elementos químicos por mor das súas estruturas tridimensionais complementarias. A súa obra representou un gran paso cara á síntese de encimas en laboratorios e outras moléculas naturais cuxo especial comportamento químico é debido á súa estrutura característica. Tamén traballou no campo da estereoquímica e nomeouse á Regra de Cram da indución asimétrica na súa honra.

Como profesor Ademais de investigador, Cram foi tamén un popular profesor que instruíu a preto de 8.000 estudantes e guiou a obra académica doutros 200 estudantes graduados. Durante as clases tocaba a guitarra e cantaba cancións folk.UCLA news release do 19 de xuño de 2001, en . tamén afacía rirse de si mesmo:

Notas

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1987 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1987 Donald James Cram en Biografías y Vidas Perfil de Donald James Cram en NNDB http://www.brainyquote.com/quotes/quotes/d/donaldcram193831.html (en inglés)

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:National Medal of Science Categoría:Nados en Vermont Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América