Breogán Riveiro Vázquez, nado en Montevideo o 7 de febreiro de 1967, é un escritor galego.

Traxectoria Estudou Náutica, carreira que abandonou para adicarse ao audiovisual desde o 1988. Na actualidade é realizador e guionista, e adícase en especial aos documentais.

Tamén dirixiu a serie de televisión Voltar á casa; desenvolveu dúas comedias de situación para televisión (Casa Cuartel e Don Tomás).

Obras Narrativa O vendedor de mazás, 1998, Espiral Maior. O asasino bífido, 2001, Ir Indo.

Literatura infanto-xuvenil Tonecho de Rebordechao, 2005, Galaxia. O afundimento do Tiránic, 2007, Baía Edicións. A historia máis incrible que nunca liches, 2007, Deputación de Ourense. Olga e o dinosauro, 2009, Galaxia.

Obras colectivas Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.

Obra audiovisual AnoTítuloTraballoReferencia2010A Síndrome Cacareco (A verdade na cara)Co-guionista e directorTornar a casaCo-guionista e director2013MaratónCo-guionista e director2018Almoina: O heroe infameGuionista e director

Premios Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña no 2004, por Tonecho de Rebordechao. IV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infantil, no 2006, por O afundimento do Tiránic. Gañador do IV Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez no 2006, por A historia máis incrible que nunca liches. Gañador do Premio Cidade da Coruña de Narrativa Fantástica no 1997, por O vendedor de mazás. Premio Curuxa do humor do Museo do Humor de Fene, por O artigo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na Editorial Galaxia

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na diáspora galega