Tereapii Piho, nado o 25 de agosto de 1960 en Rakahanga, é un político das Illas Cook.
Traxectoria
Tereapii educouse en Nova Zelandia, accedeu ao Parlamento por vez primeira en 2006 representando á circunscrición de Manihiki como demócrata derrotando ao líder do Partido das Illas Cook, Henry Puna.
En decembro de 2009 entrou no gabinete logo do cesamento de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas, levando as carteiras de Xustiza, Saúde, Interior, Mocidade e Deportes, como consecuencia o Partido Demócrata expulsouno o 8 de abril de 2010, aínda que con posterioridade readmitírono, nas eleccións de 2010 perdeu o escano fronte a Henry Puna.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Parlamento
Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados nas Illas Cook