Clan é un canal de televisión español en aberto, pertencente a Televisión Española. Emite programación infantil e xuvenil con series, debuxos animados e espazos xuvenís.
Historia Clan TVE foi lanzado ao aire o 12 de decembro do 2005, en principio compartindo espazo de programación co canal conmemorativo TVE 50 Años (ata entón, Canal Nostalgia) entre as 07:00 e 21:00. Trala desaparición deste último o 1 de xaneiro de 2007, Clan TVE pasou a ocupar todo o horario de emisión consolidouse como o primeiro canal infantil español de televisión aberta. As siglas TVE desaparecen definitivamente do seu nome a mediados de 2008, coa renovación da súa identidade corporativa, xunto coa de toda RTVE.
Ata 2011, solía ser considerado como «el canal temático más visto en España», e xunto a Teledeporte e 24h, ha logrou cifras históricas de audiencia, chegando a superar aos canais nacionais en dita data.http://www.rtve.es/noticias/20100802/rtve-crece-julio-tematicas-clan-teledeporte-24-horas-maximos-historicos/343459.shtml O 27 de agosto de 2010 estreou a novena tempada de Smallville en pantalla panorámica 16:9, sendo a primeira emisión do canal en emitir nesta relación de aspecto e en estrear a tempada antes que Fox. Dende 2014, emitiu contidos relacionados con Operación Triunfo ou MasterChef e os seus derivados, abrindo a súa oferta a un target máis xuvenil e variado.
Dende comezos de 2012, Clan chegou a un acordo co Instituto Nacional de Tecnoloxía da Comunicación para publicar contidos que ensinen aos nenos hábitos seguros en Internet, ofrecendo tamén consellos de seguridade para pais e tutores.Clan TVE ensinou aos nenos hábitos seguros na internet canaltdt.esSeguridade na Rede: RTVE publicará contidos do Inteco dirixidos aos máis pequenos elmundo.es Clan TVE publicou na súa web contidos do Inteco para difundir a seguridade na Internet entre os menores 20minutos.es Código Cibernético para nenos-Decálogo de Seguridade para pais rtve.es Debido a isto, o canal foi considerado como unha «plataforma de gran utilidad para docentes de primaria».Observatorio Europeo de Televisión Infantil eLiceo.com APRENDER INGLÉS DENDE MOI PEQUENOS rtve.es A Asociación de Usuarios da Comunicación rechaza a posible desaparición de Clan TVE teledetodos.com Grupo Edebé Audiovisual. Producción. Grupo Edebé.Recursos aulaPlaneta: Clan: os mellores contidos infantís de RTVE.es aulaplaneta.comCLAN: Documentales para nenos - Os usuarios que máis episodios añadiron a favoritos Vídeos e xogos de Clan TVE en rtve.es Redes: "Pregúntalle a Punset" - Eduardo Punset responde ás preguntas dos nenos Programa Redes en rtve.es REDES - Non me molestes mamá, estou aprendendo Programa Redes en rtve.es
No verán de 2013, Clan lanzou unha campaña denominada «Let's Clan», a cal consistía na aprendizaxe do idioma inglés ao sintonizar a segunda pista de son de calquera serie do canal, que emitía en inglés.
Programación Nalgunhas das súas series, con contido didáctico e educativo, pretende ensinar aos máis pequenos da casa, valores como o inglés en Los Lunnis ou pratos e plantas como Comecaminos, un contedor de series con varias seccións.
A lonxitude da franxa horaria dispoñible fai que os episodios sexan repetidos ata unha decena de veces, extremo ao que poden chegar os shows de máis éxito como o de SpongeBob SquarePants.
Entre as opcións de idioma ofrecen a versión en castelán por defecto e a traducida ao inglés como seleccionable, en caso de existir, independentemente de se o produto ten unha orixe diferente ou tamén existe versión noutras linguas cooficiais no estado.
Desde finais de 2025 os subtítulos están dispoñibles en galego, éuscaro e catalán, ademais de castelán e inglés.
A emisión de debuxos animados dobrados en lingua galega en clan está prevista a partir da primavera do 2026 en RTVE play, aínda que a emisión de TDT depende da emigración de RGE2 a RGE1-GAL (en Galicia) prevista polo Plan Técnico nacional da TDT
Sinal en alta definición O 20 de setembro de 2017 anunciouse durante unha reunión do Consello de Administración de RTVE o inicio de emisións en alta definición do canal, comezando a emitir dende o 31 de outubro de 2017, xunto con La 2 HD.
Inicialmente, os contidos do sinal de Clan HD proviñan dun reescalado dende a súa versión SD. Non foi ata finais de novembro de 2018 cando comezaron as emisións en HD nativo.
O 23 de novembro de 2017 o operador Vodafone TV procedeu a incorporar de maneira oficial o sinal á súa oferta nos seus decodificadores TIVO
Dende comezos de novembro, a cablera R inclúe no dial 154 o canal HD nos descodificadores "desco HD" e "desco 4K".
Ata novembro de 2020, as emisións de Clan HD non dispuxeron de teletexto por limitacións técnicas.
Audiencias Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por Kantar Media. AnoXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual20071,3 %2,0 %1,8 %1,9 %1,9 %2,1 %2,6 %2,9 %3,0%3,0 %3,5 %3,4 %0,2 %20083,1 %3,4 %2,6 %3,1 %4,2 %4,8 %*3,9 %3,3 %3,5 %3,1 %3,3 %3,0 %0,6 %20092,8 %2,8 %2,7 %2,8 %2,6 %2,9 %3,4 %3,4 %3,8 %3,8 %3,1 %3,6 %1,4 %20102,5 %2,5 %2,7 %3,1 %3,2 %3,5 %3,9 %4,1 %3,6 %3,1 %3,1 %3,4 %3,2 %20113,3 %3,2 %3,5 %3,4 %3,2 %3,5 %3,4 %3,4 %3,3 %2,9 %2,6 %2,7 %3,2 %20122,5 %2,4 %2,3 %2,4 %2,4 %2,5 %2,8 %2,6 %2,7 %2,6 %2,4 %2,6 %2,5 %20132,3 %2,4 %2,4 %2,3 %2,3 %2,5 %2,6 %2,4 %2,2 %2,2 %2,2 %2,3 %2,4 %20142,2 %2,3 %2,2 %2,2 %2,2 %2,4 %2,4 %2,4 %2,4 %2,1 %2,0 %2,2 %2,3 %20152,0 %2,2 %2,3 %2,7 %2,8 %2,6 %2,9 %2,7 %2,6 %2,2 %2,2 %2,5 %2,4 %20162,2 %2,2 %2,5 % 2,4 % 2,2 % 2,4 % 2,6 % 2,4 %2,2 % 2,1 % 2,0 % 2,1 % 2,2 %20171,9 %1,8 %1,8 %1,9 %1,7 %2,0 %2,2 %2,1 %2,3 %1,9 %1,8 %2,0%2,0%2018 1,9 %1,8 %1,8 %1,7 %1,6 %1,6 %1,8 %1,9 %2,0%1,8% 1,7%1,8%1,8%2019 1,7%1,6%1,8%1,9%1,8%2,0%2,3%2,1%2,3%1,8%1,8%2,0%1,9%2020 1,9%1,7%1,6%1,5%1,5%1,7%1,8%1,9%1,8%1,5%1,4%1,6%1,7%2021 1,4%1,2%**1,2%**1,3%1,2%1,2%1,1%1,0%1,1%1,0%1,0%1,1%1,2%2022 1,0%0,8%0,8%0,8%0,9%1,0%0,9%0,9%1,0%0,9%0,9%1,0%0,9%2023 0,9%0,8%0,9%0,9%0,9%0,9%0,9%
Notas
Categoría:Televisión Española Categoría:Cadeas de televisión de España