Vilarnovo é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase nunha ladeira dun monte de pendente acusada descendente, dirección leste. Linda ao oeste con Canlís.

Demografía Tiña 18 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 8 eran homes e 10 eran mulleres. No 2009 eran 21 habitantes: 12 homes e 9 mulleres.

Paisaxe Núcleo de tipoloxía semitradicional concentrado. Predomina a vivenda nova e tipo chalé, sobre a tradicional, bastante deterioriada, abandonada ou en ruínas.

Existen 5 hórreos catalogados.

Cerca das vivendas existen pequenas hortas, árbores froiteiras e vides. A maioría das terras dedícanse a pastos para o gando caprino e ovino. Fóra do núcleo aparecen castaños, carballos, eucaliptos e piñeiros.

Servizos urbanísticos ServizoTipoAbastecemento augaPozo de barrena e minasSaneamentoPozo negroElectricidadeSiIluminación públicaSiTelefoníaSiRecollida lixoSiTransporteNon

Notas

Lugares e parroquias Lugares da Baña

{| id="toc" style="margin: 0 2em 0 2em;" ! style="background:#ccccff" align="center" width="100%" |Lugares da antiga parroquia da San Salvador da Baña no concello da Baña (A Coruña)|| |- |align=center| Liñares | San Salvador | Vesía | Vilarnovo

Parroquias da Baña

Categoría:Lugares da Baña