O Porriño Industrial Fútbol Club é un club de fútbol galego do Porriño. Fundouse en 1933 e actualmente compite no Grupo 2 da Preferente Galicia.
Historia O Club Porriño F.C. constituíuse o 15 de febreiro de 1933, coa súa primeira sede social no número 13 da rúa do ProgresoArquivos da Federación Galega de Fútbol.. O seu uniforme inicial estaba formado por camiseta branca con colo azul, e pantalón azul. A primeira xunta directiva conformábana Leocadio Lourido (presidente), Juan Domínguez Rey (vicepresidente), Enrique del Campo (secretario), Laureano Pérez (vicesecretario), Jesús Fernández Castro (tesoureiro) e Antonio Lourido (depositario).
En 1943 o equipo foi absorbido pola empresa química Zeltia, trocando de nome para o de Zeltia Deportiva Porriño. Ascendeu por primeira vez a Terceira División en 1956. O Club tivo o seu maior éxito deportivo na tempada 1958-59, ao acadar o campionato galego de afeccionados e chegar á final do campionato de España, na que perdeu fronte ao Salamanca.
En 1965 o equipo foi fundado de novo, ao se fusionaren o Louriña CF é o Zeltia, tomando xa a súa actual denominación de Porriño Industrial FC. O presidente pasou a ser Pepe da Morrilleira, coñecido futbolisticamente como Rabo de Vaca. Tiña o domicilio social en Torneiros, e o seu uniforme era camiseta vermella e pantalón azul. Na tempada 1965-66 o presidente pasou a ser Jesús Freiría Domínguez.
Na tempada 1964-65 acadou o 14º posto na Liga Comarcal de Vigo. Ascendeu a Terceira división noutras tres ocasións, e o seu mellor resultado foi o campionato de Terceira División na tempada 1998–99, tralo que chegou a xogar a promoción de ascenso a Segunda B, sen éxito.
En abril de 2016 os técnicos do Porriño Industrial deixaron de adestrar como protesta polo non pagamento das súas nóminas. A directiva, que non podía recibir a subvención municipal por gastos sen xustificar da anterior etapa, reclamou unha solución urxente ao Concello.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 19
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1943–44Serie A2º1944–45Serie A4º1945–46Serie A4º1946/47Serie A4º1947–48Serie A6º1948–49Serie A3º1949–50Serie A5º1950–51Serie A10º1951–52Serie A7º1952–53Serie A4º1953–54Serie A1º1954–55Serie A2º1955–56Serie A 10px1956–573ª14º1957–583ª13º1958–593ª8º1959–603ª5º1960–613ª14º1961–623ª12º1962/633ª 10px1963/64Serie A5ºTempadaCategoríaPosto1964/65Serie A6º1965/66Serie A6º1966/67Serie A3º1967/68Serie A3º1968/69Serie A 10px1969/702ª Comarcal 10px1970/711ª Comarcal4º1971/721ª Comarcal6º1972/731ª Comarcal 10px1973/74Serie A15º1974/75Serie A16º1975/76Serie A18º1976/77Serie A6º1977/78Serie A9º1978/79Rex. Pref.6º1979/80Rex. Pref. 10px1980/813ª9º1981/823ª17º1982/833ª 10px1983/84Rex. Pref. 10px1984/851ª Rex.8ºTempadaCategoríaPosto1985/861ª Rex. 10px1986/87Rex. Pref.4º1987/88Rex. Pref.4º1988/89Rex. Pref.5º1989/90Rex. Pref.4º1990/91Rex. Pref.7º1991/92Rex. Pref.9º1992/93Rex. Pref.4º1993/94Rex. Pref.6º1994/95Rex. Pref. 10px1995/963ª8º1996/973ª10º1997/983ª14º1998/993ª1º1999/003ª16º2000/013ª12º2001/023ª 10px2002/03Preferente 10px2003/043ª8º2004/053ª 10px2005/06Preferente3ºTempadaCategoríaPosto2006/07Preferente13º2007/08Preferente15º2008/09Preferente4º2009/10Preferente5º2010/11Preferente 10px2011/121ª Autonómica6º2012/131ª Autonómica 10px2013/14Preferente12º2014/15Preferente5º2015/16Preferente3º2016/17Preferente9º2017/18Preferente 10px2018/193ª 10px2019/20Preferente12º2020/21Preferente2021/22Preferente / 2022/23Preferente7º2023/24Preferente6º2024/25Preferente—
Palmarés Terceira División (1): 1998/99 Campionato Galego de Afeccionados (2): 1948/49, 1958/59. Preferente Galicia (3): 1953/54, 1955/56, 2002/03. Primeira Galicia (2): 1985/86, 2012/13.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte no Porriño