Enrique Miguel Iglesias Preysler, máis coñecido como Enrique Iglesias, nado en Madrid o 8 de maio de 1975, é un cantautor e produtor español.

Coñecido como "O Rei do Pop Latino", con máis de 60 millóns de discos ao redor do mundo, constitúe un dos máximos expoñentes da música actual. É fillo do cantante español Julio Iglesias e da condutora de televisión e xornalista filipina Isabel Preysler.

Enrique Iglesias comezou a súa traxectoria profesional en 1995 ao asinar un contrato co selo discográfico Fonovisa, da empresa Televisa, que impulsou a súa carreira nos seus inicios. Ao terminar este contrato en 2000, Iglesias conseguiu asinar un novo para realizar con Universal Music os discos en español, e con Interscope Records os discos en inglés. O ano seguinte o cantante comezou a incursionar no mercado da música en inglés.

Ata o momento 20 dos seus temas chegaron ao #1 das listas do Billboard Hot Latin Tracks, ademais conseguiu 2 sinxelos #1, no Billboard Hot 100, para un total de 22 Números Un tanto no mercado Latino como no anglosaxón nos Estados Unidos.

Discografía Enrique Iglesias (1995) Vivir (1997) Cosas del Amor (1998) Enrique (1999) Escape (2001) Quizás (2002) 7 (2003) Insomniac (2007) Enrique Iglesias: 95/08 éxitos (2008) Greatest Hits (2008) Euphoria (2010) Sex and Love (2014) Final (Vol. 1) (2021) Final (Vol. 2) (2024)

Notas

Ligazóns externas

Sitio web oficial de Enrique Iglesias Enrique Iglesias en MySpace. Oficial de Enrique Iglesias en Universal Music Canal Oficial YouTube de Enrique Iglesias

Categoría:Cantantes da Comunidade de Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1975 Categoría:Cantautores da Comunidade de Madrid Categoría:Artistas de Republic Records Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Españois de ascendencia xudía Categoría:Españois de ascendencia portorriqueña Categoría:Españois de ascendencia filipina Categoría:Españois de ascendencia estadounidense