Walter Elias "Walt" Disney, nado en Chicago o 5 de decembro de 1901 e finado en Burbank (California) o 15 de decembro de 1966, foi un debuxante, produtor, director e guionista de filmes estadounidense. Un dos produtores cinematográficos máis coñecidos do mundo, Disney foi tamén un debuxante de banda deseñada e caricaturista en xornais, creador do parque de atraccións coñecido como Disneyland, e é o fundador, xunto co seu irmán Roy O. Disney da compañía Walt Disney Productions,A empresa fundouse o 16 de outubro de 1923 como «Disney Brothers Cartoon Studio». En 1929 cambiou o seu nome polo de «Walt Disney Productions, Ltd.» Desde 1986 denomínase oficialmente «The Walt Disney Company». que anos despois se converteu na máis soada produtora do campo da animación e na actualidade é a maior compañía de medios de comunicación e entretemento do mundo. Esta corporación, que se coñece hoxe co nome de The Walt Disney Company, é unha empresa multimillonaria con ingresos anuais de decenas de miles de millóns de dólares.

El e o seu equipo crearon unha manchea de personaxes animados coñecidos en todo o mundo, incluíndo o que se considera o seu alter ego, Mickey Mouse.

Traxectoria Primeiros anos Walt Disney naceu o 5 de decembro de 1901 e tivo a infancia típica do fillo dun granxeiro. O seu pai, Elias Disney (1859-1941), de ascendencia irlandesa,Nesta ligazón pódese atopar información sobre os antergos de Walt Disney, tanto paternos como maternos chegara ós Estados Unidos de América dende o Canadá e instalárase na cidade de Chicago pouco despois de casar coa mestra de escola Flora Call (1868—1938), en 1888. Walt foi o cuarto dos cinco fillos do matrimonio.O matrimonio tivo cinco fillos en totall: Herbert Arthur (1888-1961), Raymond Arnold (1890-1989), Roy Oliver (1893-1971), Walter Elias (1901-1966) e a única rapaza, Ruth Flora (1903-1995). En 1906,Walt's Biography: Marceline a familia trasládase a unha granxa nos arredores de Marceline, Missouri. Máis adiante, Disney diría que eses foran os mellores anos da súa vida. Tanto el como a súa irmá máis nova, Ruth, eran demasiado pequenos para axudar nas tarefas da granxa e por iso pasaban a meirande parte do tempo xogando. Desta época datan os primeiros contactos de Disney co debuxo e a súa grande afección polos trens.

Este período idílico concluíu poucos anos despois. En 1909, Elias Disney caeu subitamente enfermo de febre tifoide, e, a pesar de contar coa axuda dos seus fillos maiores, viuse imposibilitado de continuar traballando na granxa, polo que a tiveron que vender e mudarse a unha vivenda de alugueiro até o 1910, ano en que se mudaron a Kansas City. Para o daquela aínda mozo Walt Disney foi moi duro ter que abandonar o seu paraíso rural.

En Kansas City, Elias comezou a traballar repartindo xornais para o Kansas City Star. A Walt e ó seu irmán tocoulles axudar ó seu pai no elenco, un traballo duro que requiría erguerse tódolos días ás doce da noite.

De acordo cos arquivos da escola pública do distrito de Kansas City, Disney empezou a acudir á Benton Grammar School en 1910, e graduouse o 8 de xuño de 1911. Por mor do seu traballo repartindo xornais, non foi un bo estudante, xa que adormecía acotío e custáballe concentrarse. Era propenso a soñar esperto e a pasa-lo debuxando.

Elias, deixou o seu traballo como repartidor de xornais e fíxose propietario dunha empresa dedicada a elaborar bebidas carbonatadas, a O'Zell Company, radicada en Chicago. A familia trasladouse de novo a esta cidade, e Disney continuou os seus estudos na McKinley High School de Chicago. Ó mesmo tempo, traballaba para o seu pai e acudía polas tardes a clases no Instituto de Arte de Chicago.

Ós 15 anos, Walt conseguiu un traballo de verán vendendo xornais e lambonadas ós pasaxeiros do ferrocarril de Santa Fe. Interesáballe moito máis o tren que o seu traballo, no que non tivo demasiado éxito, xa que lle roubaban as mercadorías moi a miúdo.

Nos seus anos escolares, Disney creaba historietas no xornal do instituto, The Village Voice. As súas creacións en banda deseñada eran de temática patriótica e política, centradas na primeira guerra mundial. En 1918, querendo seguir os pasos do seu irmán Roy, abandonou o instituto para alistarse no exército. Non foi aceptado por non ter a idade requirida, mais el sabía que no corpo de ambulancias da Cruz Vermella admitíanse a mozos de dezasete anos, Walt falsificou o seu certificado de nacemento para facer ver que nacera no ano 1900 no canto de en 1901 e que xa cumprira os dezasete.

Foi admitido, pero nunca chegou a entrar en combate. Cando rematou o seu adestramento e foi trasladado a Europa, Alemaña firmara o armisticio e a guerra rematara. Pasou o resto do seu tempo na Cruz Vermella como condutor de ambulancias en Francia, trasladando a oficiais. Entretívose enchendo de debuxos a ambulancia que conducía, e nesta época comezou a fumar, un hábito que o acompañaría toda a vida. En 1919 solicitou ser relevado das súas obrigas militares e foi enviado de regreso ós Estados Unidos.

Comezos na animación miniatura|thumbtime=2|upright=1.5|Newman Laugh-O-Gram (1921) Decidido a seguir unha carreira artística, trasladouse a Kansas City. O seu irmán Roy traballaba nun banco pola zona e, grazas a un amigo, conseguiu un traballo no Pesemen-Rubin Art Studio, onde Walt se dedicou a crear anuncios para xornais, revistas e cinemas. Alí coincidiu con outro debuxante, Ubbe Iwwerks, co que trabou amizade, e ambos decidiron empezar o seu propio negocio.

Disney e Iwwerks (quen acortou o seu nome a Ub Iwerks) fundaron unha compañía chamada "Iwerks-Disney Commercial Artists" en xaneiro de 1920. Por desgraza, non conseguiron demasiados clientes, e finalmente tiveron que abandonar. Ámbolos dous foron contratados pola empresa Kansas City Film Ad, na que traballaron en anuncios, realizados con primitivas técnicas de animación, para os cinemas locais. Disney estaba fascinado polas posibilidades da animación. Pasou varios días na biblioteca pública de Kansas City estudando libros de anatomía e mecánica. Leu tamén un libro de Edweard Muybridge sobre a animación. Aproveitou o seu tempo en Film Ad experimentando con animación e técnicas cinematográficas. Mesmo tomou prestada unha das cámaras da empresa para experimentar na casa.

Despois de dous anos en Film Ad, Disney cría que tiña a experiencia suficiente como para emprender un novo negocio pola súa conta. En 1922, fundou a empresa Laugh-O-Gram Films, Inc., dedicada a realizar curtametraxes animadas baseadas en contos de fadas populares e relatos para nenos, como A Cincenta ou O gato con botas. Entre os seus empregados contábanse Iwerks, Hugh Harman, Rudolph Ising, Carmen Maxwell e Friz Freleng. As curtas fixéronse famosas na zona de Kansas City, mais os seus gastos de produción excedían ós ingresos que proporcionaban.

Trala creación da súa última curta, a mestura de acción real e animación Alice's Wonderland, o estudio declarouse en bancarrota en xuño de 1923. Disney decidiu entón trasladarse ó puxante centro da industria cinematográfica, Hollywood. Vendeu a súa cámara e obtivo cartos dabondo para unha viaxe de ida en tren a California. Deixou atrás ós seus amigos e antigos empregado, mais levou con el o filme Alice's Wonderland.

Chegou aos Ánxeles con corenta dólares no peto e un filme sen rematar no seu maletín. O seu propósito era abandonar o cinema de animación, crendo que non podería competir cos estudios de Nova York. Pretendía converterse en director de filmes de acción real, e percorreu sen éxito tódolos estudios na procura de traballo.

Ó non atopar choio, optou por volver a intentalo coa animación. O seu primeiro estudio en Hollywood foi un garaxe na casa do seu tío Robert. Enviou o filme Alice's Wonderland á distribuidora neoiorquina Margaret Winkler, quen amosou un grande interese polo filme e contratou a Disney para producir máis películas combinando animación e imaxe real.

Reuniuse co seu irmán, que estaba a se recuperar de tuberculose nun hospital de veteranos dos Ánxeles, e convenceuno para que se encargase da xestión económica do estudio. A petición de Disney, a actriz protagonista de Alice's Wonderland (Virginia Davis) e a súa familia trasladáronse a Hollywood dende Kansas City. O mesmo fixeron Iwerks e a súa. Este foi o comezo do Disney Brothers' Studio, o xerme da futura The Walt Disney Company.

Os novos filmes, chamadas Alice Comedies, tiveron bastante éxito. Despois de Virginia Davis, quen deixou a serie ó non aceptar Disney as exixencias de aumento salarial, o personaxe de Alice foi interpretado polas actrices Dawn O'Day e Margie Gay. Máis tarde, Lois Hardwick asumiu brevemente o papel. Polo tempo en que concluíu a serie, en 1927, o centro de atención eran os personaxes animados, en particular un gato chamado Julius que recordaba a Felix the Cat.

Oswald the Lucky Rabbit En 1927, Charles B. Mintz, que casara Margaret Winkler e tomara as rendas do seu negocio, solicitou unha nova serie de películas, só de animación, que serían distribuídas por Universal Pictures de Carl Laemmle. A nova serie, Oswald the Lucky Rabbit, foi un éxito case instantáneo. O personaxe foi creado e debuxado por Iwerks e o seu éxito permitiu o crecemento do estudio, e Walt puido volver a contratar a Harman, Ising, Maxwell e Freleng, de Kansas City.

miniatura|Bosko, fotograma de Sinkin' in the Bathtuben, 1930. En febreiro de 1928, Disney viaxou a Nova York para negociar un novo acordo económico con Mintz, mais levou unha gran sorpresa cando este lle anuncia que non só lle ía pagar menos por cada curtametraxe que producise, senón que tiña ós principais animadores de Disney baixo contrato e que crearía o seu propio estudio se Disney non aceptase traballar por menos cartos. Os dereitos de Oswald pertencían a Universal e non a Disney, polo que podían facer os filmes sen el.

Disney rexeitou a imposición de Mintz e perdeu a meirande parte do persoal do seu estudio. Os que marcharon formaron o núcleo de Winkler Studio, dirixido por Mintz e o seu cuñado George Winkler. Porén, Universal asignou pouco máis tarde a produción dos filmes de Oswald the Lucky Rabbit a unha sección da súa propia empresa que dirixía Walter Lantz, e Mintz tivo que dedicar o seu estudio á produción de curtas de Krazy Kat. Harman, Ising, Maxwell e Freleng crearon un personaxe moi parecido a Oswald, Bosko, para Leon Schlesinger e Warner Bros., e empezaron pouco despois a traballar nas primeiras entregas da serie Looney Tunes.

A compañía de Disney só recuperou os dereitos sobre Oswald 78 anos despois, en 2006.Walt Disney’s 1927 Animated Star Returns to Disney

Mickey Mouse

Trala perda dos dereitos sobre Oswald, Disney optou por crear un novo personaxe. Discútese se a primeira idea do rato animado (que basicamente era igual que Oswald, mais con orellas redondas no canto de alongadas) foi de Disney ou de Iwerks. En calquera caso, ámbolos dous participaron na creación do personaxe. Os seus primeiros filmes foron animados por Iwerks, cuxo nome aparece destacado nos títulos de crédito. Algunhas fontes indican que o rato íase chamar nun principio "Mortimer", mais logo foi bautizado como "Mickey Mouse" pola súa muller, Lillian Disney. Segundo Bob Thomas a lenda do nome é ficticia, e cita o caso dun personaxe chamado Mortimer Mouse, que naceu en 1936, tío de Minnie Mouse.Bob Thomas, Walt Disney: an American Original, Simon & Schuster, 1976