Un servizo de intelixencia, servizo secreto ou axencia de intelixencia é unha axencia pertencente a un goberno, que ten como función a obtención de información (intelixencia) relacionada con posíbeis ameazas á seguridade e integridade do estado. Cando unha axencia obtén información secreta sobre un estado, país ou organización sen autorización do mesmo, a esa actividade chámaselle espionaxe. A maioría dos servizos de intelixencia usan diversos métodos espionaxe contando coa indulxencia dos seus respectivos gobernos. Todos os estados consideran como actividade criminal a espionaxe, mais por norma abstéñense de xulgar a súa propia espionaxe, cuxa práctica en principio non recoñecen nin comentan.

Alén de ocuparse da obtención de información, os servizos secretos tamén tentan evitar a acción de servizos de intelixencia estranxeiros no seu país, a chamada contraespionaxe.

As axencias de intelixencia poden proporcionar os seguintes servizos ós seus gobernos:

Proporcionar unha análise en áreas relevantes para a seguridade nacional. Dar a alerta previa dunha crise inminente. Xestionar crises nacionais ou internacionais axudando a diferenciar as intencións dos posíbeis opositores, actuais ou potenciais nun futuro. Informar ás autoridades encargadas dos plans da defensa nacional e das operacións militares. Protexer a información, tanto a das súas fontes e actividades coma as das outras axencias estatais. É posíbel que actúen de forma encuberta para influír no desenlace de acontecementos en prol dos intereses nacionais.

Formas de intelixencia Existen catro formas básicas de obter información: HUMINT, obtida por seres humanos. SIGINT, obtida pola interceptación de sinais como comunicacións, radares e transmisións de datos. IMINT, obtida por medio de imaxes, como fotografías satélite. MASINT, obtida a través da medida e análise eventos específicos, como explosións nucleares.

Historicamente, a maior fonte de obtención información foi a HUMINT, porén dende xa fai algún tempo a SIGINT é a máis importante a día de hoxe.

Servizos de intelixencia (por país)

Alemaña Bundesnachrichtendienst (BND) - Servizo Federal de Intelixencia Bundesamt für Verfassungsschutz (BfV) - Oficina Federal para a Protección da Constitución Militärischer Abschirmdienst (MAD) - Axencia de Contra-intelixencia Militar

Arabia Saudita Al Mukhabarat Al A'amah - Dirección Xeral de Intelixencia

Australia Australian Secret Intelligence Service (ASIS) - Australian Security Intelligence Organisation (ASIO)

Bangladesh Directorate General of Forces Intelligence (DGFI) National Security Intelligence (NSI)

Bélxica Staatsveiligheid / Sûreté de l'État (SV/SE) - Servizo Estatal de Seguridade

Brasil Agência Brasileira de Inteligência (ABIN) - Axencia de Intelixencia Brasileira

Canadá Canadian Security Intelligence Service / Service canadien du renseignement de sécurité (CSIS/SCRS) Communications Security Establishment (CSE)

Chile Agencia Nacional de Inteligencia (ANI)

Colombia Agencia Central de Intelligencia (ACI)

Cuba Dirección General de Inteligencia (DGI)

República Checa Bezpečnostní informační služba (BIS) - Servizo de Seguridade da Información Úřad pro zahraniční styky a informace (ÚZSI) - Oficina de Relacións Exteriores e Información Vojenské zpravodajství (VZ) - Intelixencia Militar

Dinamarca Politiets Efterretningstjeneste (PET) - Servizo de Seguridade e Intelixencia Forsvarets Efterretningstjeneste (FE) - Servizo de Intelixencia da Defensa

Eslovaquia Slovenská informačná služba (SIS) - Servizo de Información Eslovaco Vojenská spravodajská služba (VSS) - Servizo de Intelixencia Militar

España Centro Nacional de Intelixencia (CNI) Centro Nacional de Coordinación Antiterrorista (CNCA)

Estados Unidos Central Intelligence Agency (CIA) Defense Intelligence Agency (DIA) National Security Agency (NSA) Federal Bureau of Investigation (FBI) U.S. Air Force Office of Special Investigations (AFOSI) Naval Criminal Investigative Service (NCIS) Coast Guard Investigative Service (CGIS) United States Army Criminal Investigation Command (USACIC)

Exipto Al-Mukhabarat al-'Ammah - Dirección Xeral de Intelixencia Exipcia Mabahith Amn al-Dawla al-'Ulya - Secretaría Estatal de Investigación de Seguridade

Federación Rusa Federalnaya Sluzhba Bezopasnosti (FSB) - Servizo de Seguridade Federal Glavnoye Razvedyvatelnoye Upravlenie Genshtaba (GRU) - Dirección Principal de Intelixencia do Estado Maior Xeneral Sluzhba Vneshney Razvedki (SVR) - Servizo de Intelixencia Externa

Filipinas National Intelligence Coordinating Agency (NICA) Servizo de Intelixencia das Forzas Armadas de Filipinas (ISAFP) National Bureau of Investigation (NBI) Philippine National Police - Intelligence Group (PNP-IG) Bureau of Customs - Intelligence Group (BOC-IG)

Finlandia Suojelupoliisi (Supo) - Protection Police

Francia Direction Générale de la Sécurité Extérieure (DGSE) - Dirección Xeral de Seguridade Externa Direction Centrale du Renseignement Intérieur (DCRI) - Dirección Central de Intelixencia Interior

Grecia Ethniki Ypiresia Pliroforion (NIS) - Servizo Nacional de Intelixencia Heleno

Países Baixos Algemene Inlichtingen- en Veiligheidsdienst (AIVD) - Servizos Xeral de Seguridade e Información Militaire Inlichtingen- en Veiligheidsdienst (MIVD) - Servizo Militar de Intelixencia e Seguridade Nationaal Coördinator Terrorismebestrijding (NCTb) - Unidade Contraterrorista Interno Fiscale inlichtingen- en opsporingsdienst (FOID-ECD) - Servizo de Investigación e Información Fiscal

India National Investigation Agency (NIA) Central Bureau of Investigation (CBI) Intelligence Bureau (IB) Research and Analysis Wing (RAW)

Irlanda G2 Army Intelligence (G2) National Surveillance Unit (Garda) (NSU)

Israel ha-Mossad le-Modiin u-le-Tafkidim Myukhadim (Mossad) - Instituto de Intelixencia e Operacións Especiais Shirut Bitahon Klali (ISA) - Axencia de Seguridade Israelí Aman - Dirección de Intelixencia Militar

Italia Agenzia Informazioni e Sicurezza Interna (AISI) Agenzia Informazioni e Sicurezza Esterna (AISE)

Marrocos Direction de la Surveillance du Territoire (DST) - Dirección de Vixilancia do Territorio Direction Generale des Etudes et la Documentation (DGED)

México Centro de Investigación y Seguridad Nacional (CISEN) Agencia Federal de Investigación (AFI)

Nova Zelandia New Zealand Security Intelligence Service (NZSIS) Government Communications Security Bureau (GCSB)

Paquistán Inter-Services Intelligence (ISI) Military Intelligence (MI) Intelligence Bureau (IB) Federal Investigation Agency (FIA) Criminal Investigation Department (CID)

Polonia Agencja Wywiadu (AW) - Axencia de Intelixencia Externa Agencja Bezpieczeństwa Wewnętrznego (ABW) - Axencia de Intelixencia Interna Służba Wywiadu Wojskowego (SWW) - Sevizo de Intelixencia Militar Służba Kontrwywiadu Wojskowego (SKW) - Servizo de Contra-intelixencia Militar

Reino Unido Secret Intelligence Service (SIS ou MI6) Security Service (popularmente MI5) Government Communications Headquarters (GCHQ) - Cuartel Xeral de Comunicacións Gobernamentais

República Popular China Ministerio de Seguranza do Estado (MSS)

Singapur Security and Intelligence Division (SID) Internal Security Department (ISD)

Suecia Kontoret för särskild inhämtning (KSI) - Oficina de Adquisición Especial Underrättelsekontoret (UNDK) - Oficina de Intelixencia

Suráfrica National Intelligence Agency (NIA)

Taiwán National Security Bureau (NSB)

Turquía Milli İstihbarat Teşkilatı (MİT) - Organización Nacional de Intelixencia

Ucraína Holovne Upravlinnya Rozvidky (HUR) - Dirección Central de Intelixencia Sluzhba Bezpeky Ukrayiny (SBU)- Servizo de Seguridade de Ucraína Sluzhba Zovnishnioyi Rozvidky Ukrayiny (SZR ou SZRU) - Servizo de Intelixencia Externa de Ucraína

Categoría:Servizos de intelixencia