O Club Hockey Xeo Txuri Urdin (en galego) ou Txuri Urdin Izotz Hockey Taldea, Txuri Urdin IHT (en éuscaro), é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Donostia, País Vasco. Actualmente compite na Superliga española, a máxima competición española e da que é o equipo máis laureado con 9 títulos. Disputa os seus partidos como local no Txuri Urdin Izotz Jauregia, con capacidade para 1.200 espectadores.
Historia O club foi fundado en 1972. O CH Txuri Urdin foi un dos seis membros fundadores da Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima competición deste deporte no Estado español. Logo da rivalidade veciñal coa Real Sociedad os tres primeiros anos na liga e na copa, o Txuri Urdin sucedeu ao equipo branquiazul en 1976 coma o primeiro equipo en suceder á Real Sociedad. Ese mesmo ano, a sección de hóckey da Real Sociedad disolveuse, polo que o Txuri Urdin pasou a ser o único equipo de hóckey sobre xeo de Primeira División na cidade. O Txuri Urdin gañou en 9 ocasións o título de liga (equipo con máis triunfos) e en seis a copa, o último título de liga chegou o ano 2000, ano no que acadou o dobrete (liga e copa). Ademais, o club gañou a Copa de Euskadi nunha ocasión, en 1993.
A mellor época do equipo vasco foi a década dos '90, cando conquistou 5 títulos de liga, 3 de copa e a única Copa de Euskadi, ademais dos 2 subcampionatos de liga e copa.
Palmarés 9 Superligas españolas: 1976, 1980, 1985, 1990, 1992, 1993, 1995, 1999 e 2000. 5 subcampionatos de liga: 1978, 1979, 1991, 1994 e 2005. 6 Copas do Rei: 1979, 1980, 1990, 1991, 1994 e 2000. 7 veces finalista da Copa do Rei: 1977, 1978, 1986, 1988, 1989, 1993 e 1996. 1 Copa de Euskadi: 1993
Participacións na Copa de Europa Tempada Rolda Adversario Resultado(s) 1980-81 1ª Rolda Mammouth de Tours 15px 2-2 ; 2-10 1985-86 1ª Rolda exento 2ª Rolda Hockey Club Bolzano 15px 1-5 ; 0-18 1990-91 1ª Rolda Dragons de Rouen Rotterdam 15px 2-1615px 1-21 1992-93 1ª Rolda Wasps de Durham Vålerenga IF Steaua Bucarest 15px 2-915px 1-1115px 1-10 1993-94 1ª Rolda Esbjerg fB Ishockey Vålerenga IF Nijmegen Emperors 15px 3-1815px 0-1515px 2-8 1995-96 Preliminar Tornado de Luxembourg 15px 5-4 ; 2-2 1ª Rolda HDD ZM Olimpija Tilburg Trappers Steelers de Sheffield 15px 2-1715px 1-1415px 2-9 1999-00 1ª Rolda Irbiz Kiev Ducs d'Angers HC Louvain 15px 1-1615px 1-1215px 4-3 2000-01 1ª Rolda Blue Fox de Herning IK Les Léopards de Caen Nijmegen Emperors 15px 0-1715px 3-2015px 1-11
Balanzo europeo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra Diferenza 22 2 2 18 39 258 -219
Véxase tamén
Ligazóns externas Site oficial do club Novas do hóckey sobre xeo de España
Txuri Urdin Categoría:Deporte en Donostia