Carlos Enrique Meijide Calvo, nado en Monforte de Lemos (provincia de Lugo) en 1936 e finado en Vilalba o 12 de xuño de 2001, foi un arquitecto galego.Galegos.info
Traxectoria Obtivo o título de Arquitecto en 1963 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e o grao de doutor en 1968.Boletín académico nº 25 (2001), Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474. Na Coruña levou a cabo a maior parte do seu labor profesional onde foi arquitecto do Ministerio de Vivienda e subdirector xeral de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia. Foi profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña dende o ano 1977 ata 2001.
Faleceu en 2001 nun accidente de tráfico na estrada N-634.
200px|miniatura|Vivendas e espazos comerciais na rúa Juan Flórez. 200px|miniatura|Edificio Trébol. Obras destacadas Casa da Cultura de Monforte de Lemos (1962-1985). Vivendas e espazos comerciais na rúa de Juan Flórez da Coruña (1970). Apartamentos Tenis en San Pedro de Nós (Oleiros) (1973). Edificio Trébol da Coruña (1973), que con 75 metros de altura, é un dos máis altos de Galicia. Gardería na rúa Eduardo Pondal de Monforte de Lemos (1974). Hábitat Residencial Ponte Pasaxe na Coruña (1975). Apartamentos en Lago, Miño (1983). Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela (1988). Centro de saúde de Vilalba en Lugo (1995). En colaboración co arquitecto Francisco Vidal Pérez. Albergue de peregrinos do Camiño de Santiago en Vilalba (1999)Albergue de Vilalba. www.camiño.xacobeo.es.. En colaboración co arquitecto Jorge Meijide Tomás. Edificio de obradoiros tecnolóxicos de Enxeñería no Campus de Esteiro en Ferrol (2001). En colaboración co arquitecto Jorge Meijide Tomás.
Premios Mención no V Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal (2001) na categoría Obra de planta nova polo proxecto Edificio de obradoiros tecnolóxicos de Enxeñería no Campus de Esteiro. Premio de arquitectura Rodolfo Ucha Piñeiro 2003Reseña histórica do Campus de Esteiro , textos de Mercedes Insua Cabanas. udc.es (consultado o 25 de marzo de 2010). pola obra Edificio de obradoiros tecnolóxicos de Enxeñería no Campus de Esteiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de rañaceos en Galicia. Bibliografía Boletín académico nº 25 (2001), Biografía, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474. Boletín académico nº 25 (2001), Obras e Proxectos, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474. Boletín académico nº 25 (2001), descricións de Carlos Meijide, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474.
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Monforte de Lemos