Anthe (en grego Άνθη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado. Coñecida tamén coma Saturno XLIX; a súa designación temporal foi S/2007 S 4. Recibiría o nome dunha das fillas de Alcioneo; significa florida. É a 60ª lúa confirmada de Saturno.

Foi descuberta polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas o 30 de maio do 2007. Unha vez descuberta, unha procura en imaxes máis vellas tomadas pola propia Cassini revelaron a pequena lúa en observacións feitas en xuño do 2004. O seu descubrimento foi anunciado o 18 de xullo do 2007.

Anthe está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semieixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semieixo, se este non estivese perturbado, está variación ten lugar ó longo duns dous anos (anos terrestres). A proximidade ás órbitas de Pallene e Methone suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.

Notas

<li value="5"> A new moon for Saturn a family affair From Dark Obscurity… A Tiny New Saturnian Moon Comes To Light

Véxase tamén

Outros artigos

Saturno Pallene Methone

Categoría:Lúas de Saturno