Buraka Som Sistema é un grupo de música electrónica de Amadora (Portugal). A formación está especializada no son kuduro, e están acreditados coma os creadores do kuduro progresivo."Kuduro: the sound of Angolan dancefloors" , artigo en www.bbc.com .

Traxectoria Buraka Som Sistema formouse en 2006 da man de João Barbosa (Li'l John), Rui Pité (DJ Riot), Andro Carvalho (Conductor) e Kalaf Ângelo. Barbosa e Pité eran produtores de Cool Train Crew, do que Kalaf era un dos vocalistas. Os tres estaban interesados en crear un proxecto baseado no kuduro, e decidiron poñelo en marcha tras coñecer a Carvalho, un produtor de hip hop de Angola que estaba de paso por Portugal. O nome da formación está inspirado na freguesía de Buraca, do concello de Amadora.

O seu primeiro traballo foi o EP From Buraka, distribuído polo selo independente Enchufada. Nel estaba o que sería o seu primeiro éxito, o sinxelo "Yah!", coa colaboración da cantante angolana MC Petty. O álbum foi reeditado en formato CD, e valeulles para comezar darse a coñecer e actuar en festivais como Glastonbury, Roskilde ou Sónar.

En 2007 lanzaron un segundo EP, Sound of Kuduro, no que colabora M.I.A. e outros artistas angolanos e portugueses. Este traballo serviu de punto de partida para o lanzamento do segundo disco, Black Diamond (Sony BMG, 2008). O sinxelo de lanzamento, "Kalemba (wegue wegue)", conta coa voz de Pongolove. Ese mesmo ano Buraka Som Sistema gañou o premio ao mellor artista portugués nos MTV Europe Music Awards.

Discografía From Buraka to the World (2006, Enchufada) Black Diamond (2008, Sony BMG)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MySpace de Buraka Som Sistema

Categoría:Grupos musicais de Portugal