A Autovía libre de peaxe Dozón - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta entre Alto de Santo Domingo (Dozón) coa conexión da Autoestrada Central Galega e Barbantes co enlace á autovía A-52 e é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios"La autopista AP-53 rebasó por primera vez los 6.000 coches diarios durante los meses de julio y agosto", artigo en La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2008 ., mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios"La media de usuarios de la AG-53 se acerca a los 9.000 en Cea este año", artigo en La Voz de Galicia, 15 de decembro de 2009 . ós oito meses da súa posta en servizo.

Construción dereita|miniatura|Viaduto sobre o río Miño. O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Ministerio de Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns.

O goberno central de José María Aznar rexeita a construción do treito Dozón - Ourense por mor do escaso tráfico da AP-53. A Xunta toma a iniciativa de rematar a autoestrada ata Ourense en solitario creando, en xullo de 2003, a sociedade pública ACEOUSA, para a construción e explotación da vía e facendo un investimento de 178,9 millóns de euros. Está é a razón pola cal a autoestrada cambia de nome nese tramo. A AG-53 é construída en dous treitos: Tramo Lonxitude (km) Inauguración Alto de Santo Domingo (Dozón) - San Cristovo de Cea 17 Outubro 2007 San Cristovo de Cea - Barbantes (enlace A-52) 14 Abril 2009

A Xunta de Emilio Pérez Touriño libera a AG-53 de peaxe para os usuarios, establecendo unha peaxe na sombra, baixo a cal é a Xunta quen paga directamente á concesionaria (ACEOUSA). Tamén modifica a saída de Piñor creando un enlace completo no canto dun semienlace só con Ourense como se tiña proxectado.

A autoestrada ó completo ponse en servizo ó 25 de abril do 2009 sen acto inaugural, tras un comunicado da Garda Civil de tráfico de Ourense"Sin peaje ni momento de gloria" , artigo en Faro de Vigo, 26 de abril de 2009 .. A razón de que non houbera acto político inaugural, fora o recente cambio de goberno que se produciu, e ó novo executivo non lle correspondía inaugurala. A placa de inauguración autoestrada di "O último treito da autoestrada Santiago - Ourense foi inaugurado o 25 de abril do 2009. Sirva esta placa en lembranza ós que participaron no seu deseño e construción."

O ramal ao Carballiño denominado AG-54, é un treito de autovía de 5 quilómetros que conecta Maside e a capital da comarca coa AG-53. O investimento neste ramal estaba presupostado na construción da AG-53. Inaugurouse en outubro de 2009.

Peaxe O treito xestionado por ACEOUSA (Autoestrada Central Ourense SA) é sufragado pola Xunta en función dos vehículos que a utilicen. O prezo por quilómetro que a Xunta ten que pagar é o mesmo que o que pagan os usuarios na AP-53"La Xunta abonará a Aceousa el mismo peaje que el marcado por Fomento para la AP-53", artigo en La Voz de Galicia, 11 de outubro de 2007 ..

Infraestruturas destacables Viaduto do Barbantiño, de 780 m de lonxitude e altura de ata 80 m. Viaduto do Miño, de 440 m de lonxitude.

Saídas número de saída nome da saída estrada coa que liga15px15pxFin da AG-53, pasa a ser AP-53  AP-53 15px 65 PiñorOurense  N-525 15px 73 San Cristovo de CeaO Carballiño  OU-504    N-541   N-525 15px 78 Ramal ó Carballiño O Carballiño Maside  AG-54  90pxFicheiro:SurtidorAutovia.pngFicheiro:RestauranteAutovia.pngFicheiro:TeléfonoAutovia.pngFicheiro:Cafeteria.png 79 Área de Servizo do Barbantiño (por licitar)"La AG-53 sigue sin área de servicio un año después de abrirse al tráfico", artigo en La Voz de Galicia, 29 de abril de 2010 .25pxOurenseBenaventeVigoCortegada  A-52  OU-402  

Notas

Véxase tamén Outros artigos AG-54 Ligazóns externas Aceousa, concesionaria da AG-53

Categoría:Autovías autonómicas de Galicia Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Estradas da provincia de Ourense