Alberto Noguerol del Río, nado en Callobre (Miño) o 12 de xaneiro de 1943 e finado na Coruña 12 de setembro de 2024, foi un arquitecto galego.
Traxectoria miniatura|Concello de Cangas de Morrazo. miniatura|Biblioteca no Campus de Vigo. Arquitecto dende 1974, ano no que se licenciou na ETSA de Barcelona. No ano 1980 crea o estudio de Arquitectura Noguerolydiez xunto coa súa esposa, Pilar Díez Vázquez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona.
Alberto Noguerol comeza a súa andaina docente na Escola de Barcelona como profesor de Proxectos entre os anos 1978 e 1986. Dende entón impartiu clases de Proxectos na ETSA Coruña ata o 2013. Dende o 1980 numerosas exposicións, catálogos, guías de arquitectura, libros e publicacións varias teñen prestado atención á súa obra e ás súas propostas.
O seu traballo caracterízase formalmente polo emprego dunha enorme simplicidade volumétrica e visual, herdeira da tradición primeira da arquitectura do século XX.Noguerol, A. Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. T6 ediciones. Pamplona, 1996.
Obras destacadas Edificio Municipal de Servizos, L´arboç, Tarragona (1980) Oito vivendas en Ringleira, Sant Just Desvern, Barcelona (1981) Vivenda rural na Coruña (1982) Praza en Canovelles, Barcelona (1983) Casa consistorial de Cangas de Morrazo (1984) Concello, biblioteca, chiringuito e Praza en Camas, Sevilla (1985) Ampliación do Concello, e reordenación da Praza Belluga en Murcia (1986) Praza en Capdepera, Illas Baleares (1986) Centro Cultural en Canovelles, Barcelona (1986) Colexio en Cambre (1989) Reforma e ampliación do club Universitario da Universidade da Coruña (1991) Colexio en Santa Comba (1991) Residencia Universitaria do Burgo das Nacións da Universidade de Santiago de Compostela (1992) Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (1993) Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, Santiago. Novo Edificio do Concello de Cangas de Morrazo (1995) Biblioteca da Universidade de Vigo, no Campus das Lagoas-Marcosende (1995) Centro de Saúde dos Mallos, A Coruña (1998)Noguerol y Díez Centro de Saúde de Elviña, A Coruña (1998) Centro de Saúde no Porto de Santa Cruz, Oleiros (1998) Estación para o AVE en Santiago de Compostela (2005) Nova Terminal do aeroporto da Lavacolla (2005)
Premios 1997. Premio para o Concello de Cangas na Bienal de arquitectura española. 2001. Premio para a Biblioteca da Universidade de Vigo na Bienal de arquitectura española. 2004. Premio para a Facultade de filoloxía e a Biblioteca de Vigo na Bienal de Venecia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Noguerol del Río, A. (1996) Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. Pamplona: Ed. T6 .
Ligazóns externas Páxina Web Oficial . Vídeo producido para a VI Bienal de Arquitectura Española sobre a Bibliteca central da Universidade de Vigo
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2024