Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 55 habitantes, sendo 23 homes e 32 mulleres.

Historia Era a parroquia de presentación do marquesado de Figueiredo, sendo o lar propio coñecido como Casa de Lamela. A principios da guerra civil española converteuse na última aldea en resistir o avance dos fascistas ao recibiren nela aos que fuxían da Veiga dun ataque de falanxistas e gardas civís, reunidos aquí preparáronse fronte ao envite nesta poboación amiga, pero vendo que seguían en condicións inferiores decidiron botarse ao monte, mais produciuse a represión cando chegaron aquí os falanxistas e civís conservadores destruíndo as casas daqueles que votaran a candidaturas progresistas.

Patrimonio A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XI, en 1010, sendo reformada no século XVI. Ten planta de cruz patriarcal, propia do románico, e fachada neoclásica. Na cúpula hai catro esculturas, representando a dous mestres e dous peóns, con inscricións nun deles. Hai unha cruz de 1624, doada por Alonso Ponce de León, familiar do Santo Oficio. No templo consérvanse libros de rexistro de 1583. A parroquia aínda conserva moitos muíños, algúns de orixe medieval, aproveitando cantidade de cursos fluviais: O Campo, A Eirexa, As Olgas, O Valadal, A Peneda e Corzos.

Turismo Ademais de diversas casas de turismo rural, en Xares había un hotel de 3 estrelas que contaba con heliporto. Entre os atractivos, pódese practicar o sendeirismo,, a astronomía, a pesca, principalmente no río Xares, e a caza. Desde Xares, saen camiños para diversos puntos de interese como Morteira (alt. 1.299 m; dist. 7,26 km), as lagoas e o pico de Ocelo (alt. 1.759 m; dist. 16,52 km) e Pena Trevinca por Ponte (2.127 m; 31 km). Desde 2015, Trevinca é un Destino Turístico Starlight, por tanto un lugar recomendado para a observación nocturna do ceo.

A festa parroquial é a Natividade da Virxe, o 8 de setembro. Desde 1977, celébrase o 18 de agosto.

Organización territorial

Barrios Os barrios da aldea de Xares son: A Currelada, A Carreira, Cales, O Caneiro, O Couso, O Apartadeiro, A Corredoira, A Pedreira, As Olgas e Balteiro.

Camiños A rede de camiños sae para os lugares de: Morteira, O Valadal, A Ribeira de Ponte, As Murias, Lamazais, A Algara, A Escrita, e A Lama de Enfranco.

Lugares singulares Algúns lugares singulares de Xares: O Pozo dos Mouros, O Porto do Río, O Campo de Xogo de Birlos, Picotes, A Fraga, O Pico do Ocelo, As Portas do Ocelo, As Lagoas e A Fervenza.

Estradas

A Veiga e Ponte: OU-0803 Seoane: OU-0855

Toponimia Os principais topónimos de Xares son: Acevedos, Aguzadoira, A Algara, Areeiro, A Bardanca, As Barreiras, A Barronca, O Bidual, A Brolla, Bruñeiros, Os Cabrillos, As Calerillas, Cales, O Campo, A Cancela, Os Carballos, Carreiras, O Cevral Negro, Os Chairos, Chao Dardonas, Os Chaos dos Biduis, Clavillas, Cobarcas, Colmear, Corga do Prado, Covallán, A Cruz de Hedreira, As Cuncas, A Eireixa, Encrucillada, Entrambos Ríos, A Escrita, Espiñeiro, A Fervenza, As Fervenzadas, A Fonte da Uceira, A Fonte Fría, O Fontenlo, As Forcadas, Os Foxos, A Fraga, Freitoso, A Frieira, A Granxa, As Ladeiras, A Lama da Loba, A Lama da Ribeira, A Lama da Veiga, A Lama de Abedul, A Lama de en Franco, Lamazais, Lameiros de Veiga, A Mallada de Adán, Os Malladais, Manga Dazor, O Mazairo, Miforcos, O Mioto, A Misarela, Morteira, Morteiroá, Mourinallo, Mourinolla, As Murias, O Navío, O Ocelo, As Pedras, A Pena de Barreiro, O Pendón, Picotes, Piñeiros, A Pinguela, O Pombar, As Pombeiras, A Portela, O Porto do Río, A Porvida, A Poula, Os Poulos da Pala, As Pozas, Preidone, Raposeira, O Rebolo, Reconcos, Os Reconcos, A Ribeira de Ponte, Rozadas, O Salar, Salgueiro, Santiago, A Tapada, O Teso, A Touza Longa, As Tres Marras, Val de Migoboi, O Valadal, Valbón, A Valigota, A Veiga de Fula, A Veiga do Corgo, As Vincelas, Vindancais e Zalamagal.Algúns topónimos non están ben rexistrados no catastro como o caso do Porto do Rmo (en lugar de Río) ou Iglesia por Eirexa, e outros poden estar desprazados respecto do uso habitual, mais coinciden na súa esencia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Xares

Parroquias da Veiga

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Veiga Heliportos de Galicia

Ligazóns externas

Da Veiga aos penedos de Oulego - GALICIA (turismo.gal) O Pobo de Xares Rio Xares Xares

Categoría:Parroquias da Veiga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María