Para a actual máxima competición entre clubs europea de rugby véxase: European Rugby Champions Cup.

A Heineken Cup foi a máxima competición europea de clubs de rugby entre 1995 e 2014. A particularidade e a orixinalidade da Heineken Cup foi facer competir entre eles a clubs, rexións e franquías das seis nacións: Francia, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Italia. (Tamén outros clubs romaneses participaron na Heineken Cup e os mellores clubs españois e portugueses na European Challenge Cup que viría sendo máis ou menos o equivalente da Copa da UEFA en fútbol). Na temporada 2014-2015, a Heineken Cup foi substituída pola European Rugby Champions Cup.

Historia Fundación Nos anos '60, franceses, romaneses e alemáns xa trataran de crear unha Copa de Europa de rugby con clubs representando a cada un deses países. Mais os clubs británicos non participaban na competición.

Nos anos '80 o club francés do Stade Toulousain organizara un Master e un Torneo do centenario, onde os mellores clubs e provincias de varios países do mundo participaban. Esas competicións foron gañadas por ese mesmo club.

Logo do terceiro mundial de rugby en 1995, a International Rugby Board tomou a decisión de autorizar a práctica profesional do rugby. Pouco tempo despois, os clubs e provincias de Francia, Gales, Irlanda, Italia e Romanía participaron na primeira Copa de Europa de rugby, e o fabricante de cervexa holandés Heineken xa era o principal patrocinador da competición.

Abandono da ERC e creación da nova Copa (2012-14) No ano 2012, clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola European Rugby Cup (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandaran o mellor equipo de cada nación, tiveran que ir os mellores situados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.

En xuño de 2012, a Aviva Premiership e o Top 14, en representación dos clubs ingleses e franceses, notificáronlle á ERC que nun prazo de dous anos os equipos deixarían de xogar na Heineken Cup e no European Challenge Cup.

En setembro de 2012, os equipos da liga inglesa anunciaron un contrato de catro anos de televisión por 125.000.000 £ con BT Sport, o cal incluía os dereitos tanto para as competicións nacionais como para as competicións europeas. A ERC respondeu este anuncio reclamando á liga de Inglaterra que non tiña os dereitos das competicións europeas e anunciando un contrato da mesma duración para estes torneos pero con Sky Sports. En consecuencia, 12 meses máis tarde destes anuncios, os equipos ingleses e franceses proclamaron a súa intención de organizar o seu propio torneo continental, convidando ao resto de clubs europeos a unirse a el. Esta competición chamaríase Copa de Campións (en inglés: Champions Cup).

Un mes máis tarde, en outubro de 2013, a Federación de Rugby de Gales, representando os catro equipos da nación, confirmou o seu total apoio á nova Copa de Campións de rugby proposta polos ingleses e franceses.

Torneo actual (Copa de Campións Europea de Rugby) O 10 de abril de 2014, logo de dous anos de duras negociacións, unha organización nova denominada European Professional Club Rugby anunciou que os tres grupos anteriores firmaran un acordo para a formación da European Rugby Champions Cup, a European Rugby Challenge Cup e un novo Torneo de Clasificación. No mesmo día, BT e Sky firmaron outro acordo, este para dividirse a cobertura da nova competición europea. Os dous emitirían os partidos da fase de grupos á metade, así como os cuartos de final e as semifinais. A final retransmitiríana as dúas canles de televisión á vez. BT tería o dereito preferente para elixir os partidos da Copa de Campións, mentres que Sky tería esa preferencia para os partidos da Challenge Cup.

Palmarés Finais Finais da Heineken Cup / Champions CupTempadaCAMPIÓNResultadoFINALISTAEstadio 2024/25 Bordeaux Bègles ||align=center| 28 - 20 Northampton Saints Millennium Stadium, Cardiff 2023/24 Stade Toulousain 31 - 22 20px|Irlanda Leinster Rugby Tottenham Hotspur Stadium, Londres 2022/23 Stade Rochelais 27 - 26 20px|Irlanda Leinster Rugby Aviva Stadium, Dublín 2021/22 Stade Rochelais 24 - 21 20px|Irlanda Leinster Rugby Stade Vélodrome, Marsella 2020/21 Stade Toulousain 22 - 17 Stade Rochelais Twickenham Stadium, Londres 2019/20 Exeter Chiefs 31 - 27 Racing 92 Ashton Gate Stadium, Bristol 2018/19 Saracens FC 20 - 10 20px|Irlanda Leinster Rugby St James' Park, Newcastle 2017/18 Leinster Rugby 20px|Irlanda 15 - 12 Racing 92 San Mamés, Bilbao 2016/17 Saracens FC 28 - 17 ASM Clermont Murrayfield Stadium, Edimburgo 2015/16 Saracens FC 21 - 9 Racing 92 Parc Olympique Lyonnais, Lion 2014/15 RC Toulon 24 - 18 ASM Clermont Twickenham Stadium, Londres 2013/14 RC Toulon 23 - 6 Saracens FC Millennium Stadium, Cardiff 2012/13 RC Toulon 16 - 15 ASM Clermont Aviva Stadium, Dublín 2011/12 Leinster Rugby 20px|Irlanda 42 - 14 20px|Irlanda Ulster Rugby Twickenham Stadium, Londres 2010/11 Leinster Rugby 20px|Irlanda 33 - 22 Northampton Saints Millennium Stadium, Cardiff 2009/10 Stade Toulousain 21 - 19 Biarritz Olympique Stade de France, Saint Denis 2008/09 Leinster Rugby 20px|Irlanda 19 - 16 Leicester Tigers Murrayfield Stadium, Edimburgo 2007/08 Munster Rugby 20px|Irlanda 16 - 13 Stade Toulousain Millennium Stadium, Cardiff 2006/07 London Wasps 22 - 16 Leicester Tigers Twickenham Stadium, Londres 2005/06 Munster Rugby 20px|Irlanda 23 - 19 Biarritz Olympique Millennium Stadium, Cardiff 2004/05 Stade Toulousain 18 - 12 Stade Français Murrayfield Stadium, Edimburgo 2003/04 London Wasps 27 - 20 Stade Toulousain Twickenham Stadium, Londres 2002/03 Stade Toulousain 22 - 17 USAP Perpignan Lansdowne Road, Dublín 2001/02 Leicester Tigers 15 - 9 20px|Irlanda Munster Rugby Millennium Stadium, Cardiff 2000/01 Leicester Tigers 34 - 30 Stade Français Parc des Princes, París 1999/00 Northampton Saints 9 - 8 20px|Irlanda Munster Rugby Twickenham Stadium, Londres 1998/99 Ulster Rugby 20px|Irlanda 21 - 6 US Colomiers Lansdowne Road, Dublín 1997/98 Bath Rugby 19 - 18 CA Brive-Corrèze Parc Lescure, Bordeos 1996/97 CA Brive-Corrèze 28 - 9 Leicester Tigers Arms Park, Cardiff 1995/96 Stade Toulousain 21 - 18 Cardiff RFC Arms Park, Cardiff

Títulos EquipoCampiónFinalistaAnos campiónAnos finalista Stade Toulousain 6 2 95/96, 02/03, 04/05, 09/10, 20/21, 23/24 03/04, 07/08 20px Leinster Rugby 4 4 08/09, 10/11, 11/12, 17/18 18/19, 21/22, 22/23, 23/24 Saracens FC 3 1 15/16, 16/17, 18/19 13/14 RC Toulon 3 0 12/13, 13/14, 14/15 Leicester Tigers 2 3 00/01, 01/02 96/97, 06/07, 08/09 20px Munster Rugby 2 2 05/06, 07/08 99/00, 01/02 Stade Rochelais 2 1 21/22, 22/23 20/21 Wasps RFC 2 0 03/04, 06/07 Northampton Saints 1 2 99/00 10/11, 24/25 20px Ulster Rugby 1 1 98/99 11/12 CA Brive 1 1 96/97 97/98 Bath Rugby 1 0 97/98 Exeter Chiefs 1 0 19/20 Bordeaux Bègles 1 0 24/25 ASM Clermont 0 3 12/13, 14/15, 16/17 Racing 92 0 3 15/16, 17/18, 19/20 Stade Français 0 2 00/01, 04/05 Biarritz Olympique 0 2 05/06, 09/10 USAP Perpignan 0 1 02/03 US Colomiers 0 1 98/99 Cardiff RFC 0 1 95/96

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da EPCR Outros artigos Tempadas da Heineken Cup/Champions Cup1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13 - 2013/14 - 2014/15 - 2015/16 - 2016/17 - 2017/18 - 2018/19

Categoría:Heineken Cup Categoría:Competicións de clubs de rugby