Irakleia ou Heraklia () é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte da municipalidade de Naxos e Cícladas menores, da que é unha unidade municipal.Kallikratis law Greece Ministry of Interior A súa poboación era oficialmente 141 habitantes no censo de 2011, e a súa superficie é de 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas menores. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As covas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.

Descrición

Iraklia é a illa máis grande da Cícladas menores. Atópase na parte leste do arquipélago, ao sur de Naxos. A illa ten dous asentamentos, Panagia no centro da illa e Agios Georgios, onde se atopa o porto. Irakleia foi habitada desde a antigüidade temperá. Na illa hai moitas rochas con pinturas misteriosas datadas fai ao redor de 5.000 anos. As pinturas, nomeadas Bousoules (Μπούσουλες), puideron ser utilizadas como marcas de orientación. As ruínas dunha fortaleza que data dos séculos IV-II a.C. atópanse en Livadi na illa. Nos tempos modernos, Iraklia era propiedade do mosteiro Hozoviotissa na veciña illa de Amorgos.

Poboación histórica Ano Poboación 2001 151 2011 141

Referencias

Véxase tamén

Lista de illas de Grecia

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia