San Clodio é unha vila da parroquia de San Clodio de Ribas de Sil, no concello lucense de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no ano 2024 tiña 604 habitantes (300 homes e 304 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2008, cando tiña 747 habitantes. É a capital do concello de Ribas de Sil.
Toponimia O topónimo San Clodio é un haxiotopónimo referido a Clodio de León, e débese á presenza no lugar da igrexa parroquial. Lugares e parroquias
Lugares de San Clodio de Ribas de Sil
Parroquias de Ribas de Sil
Notas
Categoría:Lugares de Ribas de Sil